Foro

Tarefa para os días 15 ao 18 de marzo: Posters

Tarefa para os días 15 ao 18 de marzo: Posters

by Deleted user -
Number of replies: 0

Aínda que non podo estar con vós presencialmente sigo dalgunha maneira en contacto por medio deste foro. Tedes un agradable profesor substituto que sen dúbida poderá ofrecervos algunha axuda na tarefa que vos propoño para estes días mentres non me incorporo eu.

Como xa vos comentara nalgunha ocasión tratase de facer un poster para o día das letras galegas. En realidade van ser dous posterr un para ser imprimido en papel e o outro totalmente dixital.

Podedes traballar en parellas na élaboración deles e podedes comezar polo formato para imprimir ou polo virtual.

Formato para impresión:

Ferramenta base: Fireworks
Tamaño: DIN A3 (é un folio doble). Coidado coa resolución!

PASOS:

  1. Informádevos sobre o día das Letras Galegas e o que pode representar na situación actual. O que se pretende é que fagades un cartel conmemorativo e reivindicativo da nosa cultura, da lectura e a creación artística, e se queredes tamén de Novo Neira, pero o importante é que estea dirixido a un público particular: Mozos e mozas de entre 16 a 18 anos estudantes no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
  2. Só con LÁPIZ e PAPEL facede un predeseño. Pensade e imaxinade como vos gustaría que fose o tal cartel, que poñería en texto, cal sería fondo, imaxes, como se distribuirían os elementos no espazo, que superposicións podería ter, cores .... SEDE CREATIVOS non vos limitedes a reproducir as estéticas cartelarias convencionais. Só tedes un límite: o respecto ás persoas, polo resto adiante.
  3. Buscade os materiais na rede, ou creadelo vós mesmos. Facede unha carpeta en documentos con todos eles. Gardade as direccións dos sitios de onde tomades as imaxes. Pensade que os carteis van estar expostos ao público e polo tanto teremos que axustarnos as boas prácticas en canto á propiedade intelectual. (Vede nota inferior)
  4. Compoñede o cartel en Fireworks. Evidentemente podedes facer as modificacións que consideredes oportunas respecto do deseño inicial. Gardade o arquivo en formato .png

Formato virtual:

No blog da biblioteca MESTURAS aparece unha entrada cunha interesante ferramenta para facer posters virtuais. Teñen a vantaxe de que permiten elementos non soportados polo papel coma os vídeos e sons. A ferramnta online chámase GLOGSTER. Noutra das entradas tamén se ofrece un titorial que ademáis o tedes na sección RECURSOS E FERRAMENTAS deste curso.

PASOS:

  1. Informádevos sobre o día das Letras Galegas e o que pode representar na situación actual. O que se pretende é que fagades un cartel conmemorativo e reivindicativo da nosa cultura, da lectura e a creación artística, e se queredes tamén de Novo Neira, pero o importante é que estea dirixido a un público particular: Mozos e mozas de entre 16 a 18 anos estudantes no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
  2. Entrade na ferramenta Glogster para ver as posibilidades que vos deixa, ollade o titorial. Abrín unha conta "escolar" para cada un de vós e evitar así que teñades que rexistrarvos cada quen para esta tarefa. Se despois algún quere seguir facendo cousas xa abrirá a súa conta persoal.
    Os passwords darávolos o voso profesor.
  3. Buscade os materiais na rede, ou xeradelos vós mesmos (co Fireworks podedes crear ou recompoñer imaxes previas), pero neste caso deberá ter música ou sons, videos, tamén imaxes, claro. Facede unha carpeta en documentos con todos eles. Gardade as direccións dos sitios de onde tomades os compoñentes. Os posters dixitais publicaranse no blog da Biblioteca (se os facedes dignos e ben traballados) e polo tanto teremos que axustarnos as boas prácticas en canto á propiedade intelectual.
  4. Construide o cartel virtual.

NOTA IMPORTANTE:

Aquí tedes un listado de Bancos de imaxes con licencia CREATIVE COMMONS ou de uso público. Tamén podedes atopar sons nesta ligazón.

Non tedes que rematar as tarefas nesta semana, pero non vos durmades. Espero que me sorprendades. Se tedes algún problema no que eu poda facer algo usade o foro que eu o mirarei a diario.