Aínda que non revisei todas as direccións que propuxestes creo que non hai referencias ao "quen é quen" asunto funfamental se falamos dos metaversos (meta-universos) desde xogos como World of Warcraft ou algo moito máis potente, atronador diría eu, como Second Life.
Ao parecer xa son 40 millóns de usuarios activos en mundos virtuais, deles 14 millóns residentes en Second Life, Barack Obama incluíu 2 especialistas en metaversos no seu grupo de expertos.
O das boas prácticas tamén ten que ver cos videoxogos, xogos en liña, a ética dos mesmos e os roles de xénero asociados a eles.
Quizais unha pequena investigación sobre todo isto axudaríanos no tema que temos entre mans, seguridade e boas prácticas.
Hai xente que non ten entrada no glosario polo que suxiro que alguén se ocupe de destes conceptos:
METAVERSOS (meta-universos), RESIDENTES ou AVATARES, SECOND LIFE, WEB 3.0 ou WEB 3D.