El lenguaje de la inmortalidad. Eulalio Ferrer

Sitio: IES Sánchez Cantón de Pontevedra
Curso: CONCILIACIÓN VIDA - MORTE: ESPAZO DOCUMENTAL
Libro: El lenguaje de la inmortalidad. Eulalio Ferrer
Impreso por: Invitado
Data: mércores, 20 de maio de 2026, 6:18 PM

Descrición

El lenguaje de la inmortalidad Resumo de ideas

Consideracións xerais

El lenguaje de la inmortalidad


Mantén a tese de que necesitamos construirnos algún tipo de inmortalidade a través da memoria dos outros para o que se denvolve toda unha linguaxe específica, rituais, pompas fúnebres...
Achega moitos datos históricos facendo un percorrido por distintas épocas, é divertido e curioso e abre moitas vías de reflexión. O estudo que fai sobre a tipoloxía e funcións das esquelas en tanto que plataformas publicitarias é un dos interesantísimos aspectos dos que se ocupa na súa análise da mercantilización da morte que abrangue a evolución da linuaxe fúnebre, os novos soportes e servizos, e as perspectivas do negocio que xira en torno a morte.

Mercantilización da morte

As esquelas son unha plataforma publicitaria, ata o punto de que as empresas teñen  creado departamentos específicos para as esquelas e máis lembrar os aniversarios ás familias. Cita algúns exemplos da relevancia das mesmas: 
           Logotipos en esquelas
           A morte de empregados e achegados serve de desculpa ás empresas para publicitarase. 
           Existe unha relación entre as características das esquelas e o estatus da familia.

Especialmente suxestivas son as súas reflesións sobre:

  • Novas formas do negocio fúnebre. Os cemiterios virtuais e as esquelas electrónicas.
  • Substitución do erotismo pola necrofilia en campañas publicitarias. Exemplo, Benetton o Renault.
  • A necrofobia. Seguindo a Díaz Pedraza dado que a morte pode usarse como "un código comunicacional nun  contexto de márketing social"  dase unha publicidade necrofóbica para campañas que pretenden variar hábitos indesexables nas persoas como as de tráfico ou as de prevención de drogas ou tabaquismo.
  • Innovación funeraria con fins mercantís. Trátase de sacar proveito de cada unha das manifestacións culturais da morte, así desde o turismo fúnebre a proxectos do tipo "deseñe a súa propia tumba", pasando polas novidades e mesmo extravagancias en ritos mortuorios. As incineracións, os enterros marítimos ou espaciais,  os enterros verdes ou a suspensión criónica forman parte desta evolución.
  • Os servizos on line e virtuais, desde os viaxes de loito con tarifas especiais, a discursos on line, consellos fúnebres www.funeral.net, www.funeral.cast, www.obituarium.com .
    Cómpre sinalar que a meirande parte de persoas que participan e usan os libros de condolencias electrónicos son mulleres.
  • O paso do papel á pantalla que produce variacións na linguaxe fúnebre. <<La compañía www.eulogywriters.com afirma ser capaz de resolver cualquier "problema de escritura fúnebre" en sesenta segundos, por medio del pedido en línea de un discurso fúnebre "listo para llevar" ...>>

Sobre esquelas

el lenguaje de la inmortalidadDistingue entre esquelas de convite, as que se imprimían nunha imprenta e se mandaban a nivel individual para notificar a morte e convidar aos actos, e as esquelas dos xornais, estas divídense en diferentes tipos: aviso de defunción, despedida, condolencia, gratitude, cabodano...

Fai análise destas e doutras variacións segundo sexan laicas ou dun credo concreto.

Analiza sobre todo a linguaxe da morte, do que chama xénero esquelario, cheo de eufemismos e con características especiais segundo crenzas e ideoloxías, tamén hai diferenzas por países, son destacables tanto España coma México fronte a frialdade dos países anglosaxóns.

Funcións: perdurar na memoria, patentizar prestixio, publicidade das empresas funerarias entre outras, uso político potenciación de partidos, ideoloxía, etc.