Section outline

  • Medita ...

      • A maneira de valorar a morte e a forma de relacionarse con ela varía dunhas épocas a outras e hai diferencias significativas entre sociedades dependendo do imaxinario colectivo, é dicir, da forma de representala e conceptualizala, na que interveñen as crenzas relixiosas, as concecións filosóficas, o nivel de coñecementos científico técnicos, as tradicións e as condicións materiais de vida dese pobo, por exemplo a escaseza de recursos, o índice de natalidade, a morbilidade ...

        Cada persoa elabora con máis ou menos consciencia a súa imaxe da morte e o seu "proxecto de morrer" pero esta elaboración é indisociable do que arriba chamamos imaxinario colectivo.

        A cada sociedade-momento correspóndelle un modo de ver a morte. Nós podemos sen máis tomar o modelo dominante, co que teña de positivo e de negativo, para facelo noso ou entrar de cheo na fabricación do imaxinario común construíndo conscientemente como actuar e interpretar a morte.

        O que quero dicir sobre…

        tarefa

        tarefa

          tarefa