Novas trala videoconferencia do 16 de novembro de 2015 no CEFORE:
- Aconsellan que o grupo de apoio sexa o máis heteroxéneo posible para que nun futuro saia de ahí a Comisión de Coordinación do Plan de Apoio no centro. Penso que o noso cumpre con esa heteroxeneidade.
- Insisten na importancia de que cada grupo de traballo planifique o plan de traballo para que tamén se lle comunique ao alumnado. Tamén creo que se está a cumprir pola nosa parte.
- "Que por maio era por maio" farase unha carpeta de AC na aula: por iso debemos rexistrar as variantes que fagamos en canto a dinámicas e estruturas.
- Xeneralización:
O Plan de Xeneralización vai ligado ó grupo-aula e o fai a persoa titora de tal grupo ou aquela que, sen selo, decida titorizar un grupo. A persoa responsable do plan rexistrará nel as dinámicas e estruturas que faga o profesorado non titor nese grupo. É decir, non vai ligado a unha profesora ou profesor, senón ao grupo. O modelo trimestral nos pode servir como borrador para ir enchendo dende o principio o modelo que abrangue os tres trimestres.
Relacionado con isto, decir, que unha Actividade regular (aparece no Plan de Xeneralización) é unha estrutura que se repite sempre para unha determinada actividade.
- Seguintes sesións:
  • mércores 20 de xaneiro as 14:00 hh na aula 27 do centro con Ana Mariño
  • 27 de xaneiro: presencial (con José Ramón). Lugar e hora por determinar
Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 4:43 PM