Boas a todas/os!
Neste curso de 2º da ESO faremos pasearemos tanto pola Historia Medieval como pola Xeografía Humana.
O noso camiño iniciarase coa recuperación daqueles contidos que non puidemos traballar no curso anterior, polo que comezaremos polo estudio da Terra e a sua representación nos mapas. Posteriormente traballaremos os contidos relacionados coa Xeografía física mundial e europea. Por último, faremos un pequeno repaso do Imperio Romano para conectalos cos contidos propios do noso ano.
Nunha segunda parte do curso entraremos nos contidos propios de 2º ESO. Os primeiros aspectos a tratar están relacionados coa Idade Media. Estudaremos este longo período da Historia e comprenderemos a organización política, económica e social dos diferentes reinos desta apaixoante época histórica.
Na terceira e última parte do curso acercaremonos á poboación mundial e española e a migración, os movementos das persoas ao longo do mundo, e concretamente en España e Galicia. Nun segundo apartado profundizaremos nas cidades, os seus tipos e a súa organización, e aprenderemos cando podemos denominar a un núcleo urbano cidade ou non.
Sen máis, moito ánimo a todas/os neste curso!
- Teacher: Roberto Tato Bello