Neste módulo o alumnado traballará o concepto de sustentabilidade de xeito transversal con outros módulos centrando a nosa aprendizaxe na xestión eficiente dos recursos naturais, a redución de residuos e emisións, a adopción de prácticas laborais e empresariais que minimicen o impacto ambiental e a promoción da economía circular, o desenvolvemento da innovación e da tecnoloxía verde  xunto á responsabilidade social corporativa das empresas. O enfoque será sempre desde o seu ámbito profesional, a animación sociocultural e turística.