Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de venda de servizos e produtos turísticos en axencias de viaxes.

Esta función abrangue aspectos como:

– Información, asesoramento e atención á clientela.

– Venda de servizos de transporte, aloxamento, viaxes combinadas e outros servizos turísticos.

– Uso das novas tecnoloxías: programas de xestión específicos das axencias de viaxes, sistemas globais de distribución, terminais e programas de provedores de servizos de transporte e ofimática.