Fíxate nos acentos do seguinte texto. Trata de encontrar os acentos diacríticos.
Había unha abertura no chan, e o anaco de piso que faltaba estaba apoiado contra a parede. «Que che parece que é iso, David ? » « Un cortello oculto dentro da casa, non?», díxenlle. El asentiu: «Ao parecer, construíuse hai máis de cen anos, cando a guerra do rei don Carlos». Eu era todo ollos. «Ves esta trapela? –Juan sinalou o anaco de piso que estaba contra a parede–. tes que colocala no seu sitio para desaparecer do mundo». Acendeu unha lanterna e dirixiuna cara ao interior do agocho. «Mira aquí dentro. Xa vai sendo hora de que comeces a saber das cousas». Vin unha escada. Ao fondo, unha tea ou algo que o semellaba. «Que é iso de aí abaixo?», pregunteille. «Non o ves? É un chapeu –dixo o tío–. Achégamo, por favor, que estás máis áxil ca min». Apoiei o no primeiro banzo, e empecei a baixar. O agocho era moi estreito. Se me inclinaba a un lado, tocaba deseguida a parede co ombro. «É unha tumba!», exclamei. Juan riu: «Cala, que se non quedas fechado». «Co armario enriba da trapela, como se amañaban para saír?» «Pois moi mal, a non ser que tivesen bos amigos fóra», contestou. «E se os amigos fallaban?» Juan riu abertamente: «Pois fechado para sempre!»
Última modificación: luns, 13 de abril de 2026, 2:38 PM