as regras de acentuación ortográfica
O acento gráfico só pode ir en sílabas tónicas.
As palabras agudas levan acento (gráfico) cando:
- Rematan en vogal: mazá, marroquí, chalé
- Rematan en -n, -s ou -ns
- Non levan acento gráfico cano rematan en ditongo ou teñen ditongo decrecente na última sílaba.
As palabras graves acentúanse cando:
- Rematan en consoante que non sexa -n, -s ou -ns: fácil, carácter.
- Rematan en -ps.
As palabras esdrúxulas sempre levan acento gráfico: mágoa, médico, límite.
Algunhas diferenzas co castelán
Os adverbios en -mente non levan acento nunca (son palabras graves).
Levan distinto acento e, polo tanto, acento gráfico: réptil, mísil, téxtil, térmite, auréola, rubéola. Levan distinto acento e, polo tanto, van sen acento gráfico: atmosfera, heroe, omoplata, parasito, paxaro, diocese, pelicano, acne, medula, traquea.
En galego, marcamos os hiatos con acento gráfico: Partía= par-tí-a, ruído= ru-í-do
Os monosílabos, en xeral, non se acentúan, mais usamos o acento gráfico en monosílabos como acento diacrítico.