A conversa

A conversa oral espontánea é un diálogo  no que poden participar dous ou máis interlocutores. As principais características da conversa son:

Non hai un tema nin un tempo establecidos.

Emprégase o rexistro coloquial. As persoas coñecen os mecanismos para tomar a palabra.

A conversa pódese estruturar en quendas de palabra.

Consellos para conversas con éxito:

Dicir cousas certas, evitar rumores.

Falar con claridade.

Centrarse no tema e non repetir o dito.

Respectar as quendas de palabra.

Non invadir o espazo físico dos interlocutores.

Estar atentas aos xestos das demais persoas.


Explicade en que situacións se poden empregar as seguintes frases feitas ou refráns:

Romper o xeo

Quen cala outorga

Deixar coa palabra na boca

Sen mediar palabra

Falar por non estar calado

Ir a gran e deixar a palla

Ter a palabra

Ser un falabarato



Last modified: Tuesday, 10 October 2023, 1:43 PM