A conversa
Requisitos do completado
A conversa
A conversa oral espontánea é un diálogo no que poden participar dous ou máis interlocutores. As principais características da conversa son:
Non hai un tema nin un tempo establecidos.
Emprégase o rexistro coloquial. As persoas coñecen os mecanismos para tomar a palabra.
A conversa pódese estruturar en quendas de palabra.
Consellos para conversas con éxito:
Dicir cousas certas, evitar rumores.
Falar con claridade.
Centrarse no tema e non repetir o dito.
Respectar as quendas de palabra.
Non invadir o espazo físico dos interlocutores.
Estar atentas aos xestos das demais persoas.
Explicade en que situacións se poden empregar as seguintes frases feitas ou refráns:
Romper o xeo
Quen cala outorga
Deixar coa palabra na boca
Sen mediar palabra
Falar por non estar calado
Ir a gran e deixar a pallaTer a palabra
Ser un falabaratoÚltima modificación: martes, 10 de outubro de 2023, 1:43 PM