COS PÉS NA TERRA E OS PRODUTOS NA NUBE
As compras online e as tendas en liña forman parte do noso día a día como consumidores, non hai máis que ver a cantidade de paquetes que os mensaxeiros distribúen a diario polas nosas cidades e vilas (non sempre procedentes de tendas galegas). Os xigantes do comercio online captan a maior parte das compras na rede e os usuarios deixamos de comprar nas nosas tendas de proximidade porque consideramos que é máis rápido e fácil comprar en Amazon, AliExpress…
Poderíamos abrir o debate sobre como comprar en Amazon fai mermar o comercio local; sobre como os usuarios non podemos agardar máis de 24h para recibir un pedido; sobre como o prezo é un dos factores máis determinantes para o comprador ou sobre como con cada compra nestes sitios axudamos a que a riqueza se concentre máis e máis nas mans duns poucos fronte ao empobrecemento xeral.
Hoxe non queremos entrar ao debate. Queremos amosar que hai alternativas!
https://arela.gal/tendas-galegas/