NON copiedes e peguedes de internet. Si me escribides cortipeguis que non teñen sentido ou non entendedes, a actividade non serve de nada.

Folla da práctica

Amplificador en clase A : Chámanse así a un tipo de amplificadores nos que os transistores SEMPRE ESTÁN POLARIZADOS EN ACTIVA aínda en ausencia de sinal de entrada a amplificar. Típicamente VCE en repouso (sen sinal) é a metade da tensión de alimentación.

Esta configuración produce un consumo de potencia maior que outros amplificadores, pero ofrece unha resposta bastante fiel á entrada polo feito de que o(s) transistor(es) xa estén en 'on' cando se establece o sinal de entrada. Digamos que están 'preparados' á espera do sinal.

Na práctica calculamos o punto de traballo Q do transistor (polo tanto está en activa --> Clase A). Despois simulamos e medimos a resposta a un sinal sinusoidal ( que sería, por exemplo o sinal de sonido a amplificar).

Nun Amplificador en clase B, en ausencia de sinal de entrada os transistores están en corte (non conducen). Polo tanto aforran enerxía, pero responden peor ó sinal de entrada, xa que cando éste se produce, o transistor tarda en responder ata que a súa tensión VBE acada a tensión limiar ( >0,6V para empezar a conducir). De esta maneira, este tipo de amplificadores non responde ben ata que o sinal de entrada se fai suficientemente grande como para por en conducción os transistores.

Esta falta de resposta a sinais pequenos chámase distorsión de cruce ( de cruce por cero). 

Na imaxe podedes ver un amplificador clase B mínimo. No semiciclo positivo da entrada polarízase o transistor NPN e no negativo o PNP. Sin embargo, podedes apreciar na saída que hai un tempo sen resposta arredor de 0 voltios debido a que un transistor xa entrou en corte e o outro aínda non recibe tensión suficiente para entrar en activa. En sinais de audio esta distorsión xeralmente non é admisible porque degrada moito a calidade do son.

Última modificación: martes, 23 de abril de 2024, 9:02 AM