EVALUACIÓN DE LA MATERIA

 Valor asignado a cada parte avaliable:

a) Probas escritas (70%): haberá dous exames por trimestre nos que se incluirán contidos tanto de lingua como de literatura.

b) Traballo no aula e na casa (20%): valorarase o traballo no aula, os exercicios realizados na casa e a participación. (ESTA INFORMACIÓN VAINA RECOLLENDO A DOCENTE DIARIAMENTE)

c) Libro de lectura (10%): realizarase unha proba ou un traballo trimestral para comprobar que o libro proposto foi lido correctamente.

Sancións por erros lingüísticos:

Na avaliación dos exercicios individuais terase en conta non só o nivel de aprendizaxe dos contidos adquiridos polo alumnado, senón tamén os seguintes puntos:

• Orde, precisión, claridade e coherencia na expresión das ideas.

• Corrección ortográfica e gramatical.

• Propiedade e riqueza léxica.

• A adaptación ao rexistro lingüístico.

• Caligrafía e presentación (limpeza, marxes...)

En consecuencia, aplicaranse as seguintes sancións:

a) Faltas ortográficas: 0,1 cada dous erros ata un máximo de 2 puntos.

b) Outros erros lingüísticos: ata 0,5 segundo o grao de erro. As faltas ortográficas reiteradas e os erros lingüísticos só serán penalizadas unha vez.

Criterios de avaliación (Cálculo da cualificación)

Notas trimestrais:

O cómputo da nota trimestral en cada curso seguirá os valores establecidos para cada parte avaliable no apartado anterior de procedementos. Para considerar a avaliación aprobada, é necesario ter un mínimo de 5.

Cálculo da nota final:

Haberá 3 avaliacións parciais máis unha avaliación final. A nota final será a media aritmética das tres avaliacións. Considérase superada a materia se, despois de facer a media aritmética das tres avaliacións, se obtén unha nota igual ou superior a 5.

redondeo farase á alza á unidade inmediatamente superior sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

1. A décima da nota resultante da ponderación debe ser superior a 6.

2. O estudiante debe ter realizado os exercicios propostos en cada trimestre.

Última modificación: lunes, 20 de noviembre de 2023, 14:25