¿CÓMO ME VAN A EVALUAR?
EVALUACIÓN DE LA MATERIA
Valor asignado a cada parte avaliable:
a) Probas escritas (70%): haberá dous exames por trimestre nos que se incluirán contidos tanto de lingua como de literatura.
b) Traballo no aula e na casa (20%): valorarase o traballo no aula, os exercicios realizados na casa e a participación. (ESTA INFORMACIÓN VAINA RECOLLENDO A DOCENTE DIARIAMENTE)
c) Libro de lectura (10%): realizarase unha proba ou un traballo trimestral para comprobar que o libro proposto foi lido correctamente.
Sancións por erros lingüísticos:
Na avaliación dos exercicios individuais terase en conta non só o nivel de aprendizaxe dos contidos adquiridos polo alumnado, senón tamén os seguintes puntos:
• Orde, precisión, claridade e coherencia na expresión das ideas.
• Corrección ortográfica e gramatical.
• Propiedade e riqueza léxica.
• A adaptación ao rexistro lingüístico.
• Caligrafía e presentación (limpeza, marxes...)
En consecuencia, aplicaranse as seguintes sancións:
a) Faltas ortográficas: 0,1 cada dous erros ata un máximo de 2 puntos.
b) Outros erros lingüísticos: ata 0,5 segundo o grao de erro. As faltas ortográficas reiteradas e os erros lingüísticos só serán penalizadas unha vez.
Criterios de avaliación (Cálculo da cualificación)
Notas trimestrais:
O cómputo da nota trimestral en cada curso seguirá os valores establecidos para cada parte avaliable no apartado anterior de procedementos. Para considerar a avaliación aprobada, é necesario ter un mínimo de 5.
Cálculo da nota final:
Haberá 3 avaliacións parciais máis unha avaliación final. A nota final será a media aritmética das tres avaliacións. Considérase superada a materia se, despois de facer a media aritmética das tres avaliacións, se obtén unha nota igual ou superior a 5.
O redondeo farase á alza á unidade inmediatamente superior sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
1. A décima da nota resultante da ponderación debe ser superior a 6.
2. O estudiante debe ter realizado os exercicios propostos en cada trimestre.