O Osciloscopio é un instrumento de medida importantísimo no taller de electrónica, xa sexa para reparación ou para desenvolvemento de proxectos xa que facilita a visualización e medida de sinais variables no tempo, ademáis de outras funcións.

Comezaremos por compensar (calibrar) as sondas do osciloscopio.

Seguir o procedemento "1.3.3 Probe Compensation" do manual do osciloscopio, colgado nesta aula virtual.

Repetir o procedemento para a outra sonda.

As sondas constan dun pequeno conmutador integrado no mango cas lendas 'X1' e 'X10'. Indican a atenuación elixida. X1 significa ' ningunha atenuación'. X10 significa unha reducción de tensión de 10 veces. Por exemplo. Si medimos unha tensión de 120 voltios cunha atenuación X10 á entrada do osciloscopio chegarán 12 V. Para evitar erros na medida hai que ter presente en todo momento o valor de atenuación que se está a usar e configurala no menú correspondente da entrada en uso.



Agora configurar un xenerador de funcións para obter un sinal sinusoidal de 1 khz e unha amplitude que estea aproximadamente na metade do percorrido do mando.

Conectaremos á saída (OUTPUT) o cable BNC/cocodrilos feito na casa. As pinzas de cocodrilo van á sonda (conectada no canal 1)así: negra-negra e vermella - gancho.

Para que apareza o sinal inxectado no canal 1 en cor amarela, debemos:

1) Activar o canal 1 (botón 1 ca luz prendida).

2) Centrar os eixes vertical (tensión) e horizontal (tempo) cos seus respectivos controis 'Position' (pulsar para centrar automáticamente en cero).

3) Axustar a escala do eixe horizontal (tempo).

4) Axustar a escala do eixe vertical (tensión)

O botón 'Auto' de cor azul fai a configuración automática por nós en función das características do sinal de entrada. Non obstante é necesario aprender a facelo manualmente.

O sinal aparecerá así:

Na parte inferior á esquerda aparece a escala vertical para o canal 1 (CH1 1V) o que quere dicir que cada división (cuadrado) vale 1V.

No medio aparece o valor en tempo de cada división (500 microsegundos).

Polo tanto este sinal ten unha amplitude (valor de pico) de 1 V e un período de 2 x 500 us = 1 ms, é dicir unha frecuencia de 1 kHz.

Repetide as medidas cos seguintes sinais:

a) Amplitude 3V, frecuencia 50 Hz.

b) Vpp = 5V , T = 10 ms.

c) V = 5 V (continua).

d) Vp = 5 V, f = 200 kHz

e) v(t) = 2 · sen (8000π · t)

Mediante estes tres videos aprenderemos os controis básicos do osciloscopio dixital. Seguide os pasos no osciloscopio e preguntade ó profesor todo o que non entendades.

https://www.youtube.com/watch?v=A4pFqYP2CIU

https://www.youtube.com/watch?v=cV5vCOyfkJU

https://www.youtube.com/watch?v=Q1t9hawyMeY

Última modificación: xoves, 11 de xullo de 2024, 11:34 AM