Exercicio liñas de transmisión
Requisitos do completado
Un sinal de 105 MHz cun valor de pico de 90 V incide sobre unha liña de transmisión de 50 Ω. O factor de velocidade k da liña é de 0.85. A liña ten unha lonxitude de 125 m e reamta nunha carga de 300 Ω.

- Atopar a lonxitude de onda do sinal sobre a liña.
- Determinar a lonxitude da liña en lonxitudes de onda.
- Cal é a ROE para esta situación? (ROEV, ROEI)
- Calcular o coeficiente de reflexión.
- Calcular o valor de pico da onda de tensión reflectida.
- Que porcentaxe da potencia incidente regresa como potencia reflectida?
- Calcular os valores de pico de IINC e IREF.
- Determinar o valor de pico da onda estacionaria de voltaxe nos antinodos de voltaxe.
- Determinar o valor de pico da onda estacionaria de corrente nos antinodos de corrente.
- Determinar o valor de pico da onda estacionaria de voltaxe nos nodos de voltaxe.
- Determinar o valor de pico da onda estacionaria de corrente nos antinodos de corrente.
- Se se vai empregar unha sección de adaptación dun cuarto de lonxitude de onda para corrixir a desadaptación, cal debe ser a súa impedancia característica?
Solucións:
- 1.43 m.
- 51.44 lonxitudes de onda.
- ROE = 6.
- Kr = 0.715.
- Vref = 64.35 V.
- Pref = 51%.
- Iinc = 1.8 A, Iref = 1.287 A.
- 154.35 V.
- 3.087 A.
- 25.65 V.
- 0.513 A.
- 122.47 Ω.
Última modificación: venres, 29 de xaneiro de 2021, 9:55 PM