1.  Mínimos exixibles.

  • Unidade formativa 1: Prevención de riscos laborais.

-Identificar e clasificar as situacións de risco máis habituais no ámbito de traballo relacionado coa súa profesión asociando as técnicas xerais de actuación en función das mesmas.

-Identificar o contido básico do plan de prevención, valorar a súa importancia e identificar as responsabilidades de cada quen

-Identificar os dereitos e obrigas legais en materia de prevención de traballadores e empresarios.

-Realizar unha sinxela avaliación de riscos dunha empresa do sector

-Coñecer o procedemento de actuación ante unha emerxencia e protocolo de primeiros auxilios.

 

  • Unidade formativa 2: Equipos de traballo, dereito do traballo e da Seguridade Social e procura de emprego.   

 

-Identificar e clasificar as fontes do Dereito laboral

-Identificar e aplicar nun suposto práctico, os principios de aplicación do Dereito laboral

-Identificar os dereitos e obrigas dos traballadores/as

-Identificar as distintas modalidades de contratación, as características máis importantes de cada unha delas e aplicar a máis adecuada para cada situación .

-Coñecer os límites legais da xornada laboral (ordinaria e extraordinaria) e os descansos e permisos aos que ten dereito o traballador.

-Recoñecer os conceptos que integran o salario.

-Coñecer o concepto de SMI, a contía actual do mesmo e o procedemento para fixalo

-Cumprimentar correctamente un recibo de salarios.

-Coñecer as causas e efectos da modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

-Cálculo de finiquito.

-Identificar os distintos tipos de representación

-Identificar as partes negociadoras dun convenio, describir o proceso de negociación e o contido mínimo do convenio.

-Diferenciar entre folga legal e ilegal, coñecer os requisitos de convocatoria e as funcións do comité de folga.

-Coñecer a diferenza entre grupos e equipos de traballo.

-Coñecer o procedemento de procura de emprego.

-Elaboración dun curriculum vitae e carta de presentación

-Coñecer a actuación máis adecuada ante unha entrevista de traballo

 

2. Avaliación e cualificación.

Haberá dúas convocatorias ou momentos para avaliar.

A  primeira corresponderá a celebración do 3º trimestre.

A segunda se celebrará no mes de xuño, no que se realizarán probas extraordinarias ao alumnado con materia suspensa nese intre.

 

  1. 1.    Aspectos xerais:

1.1 Hay  que diferenciar  tres tipos de alumnado.

  • Alumnos/as co 2º trimestre aprobado:
    • Teñen a posibilidade de realizar actividades de repaso e de ampliación.
    • Data límite  o 12 de xuño.
    • Alumnos/as co 1º e/ou 2º trimestre suspenso:
      • Para este alumnado se están elaborando actividades de reforzo e recuperación dos contidos suspensos no 2º    trimestre. E por suposto, tamén están incluidos nas  actividades e tarefas de repaso e de ampliación, para mellorar a nota obtida do 3º trimestre. Data límite 22 de xuño.
        • Alumnos/as con PD.
        • Terán dereito a unha única proba, referida aos contidos da 1ª e 2ª avaliación. Deste xeito poden facer a recuperación do curso do xeito programado para os alumnos. E por suposto, tamén están incluidos nas  actividades e tarefas de repaso e de ampliación, para mellorar a nota obtida do 3º trimestre.
        • Data límite 22 de xuño.

 

  1. Instrumentos e procedementos:

 

2.1  Avaliación  ordinaria 3º trimestre:

2.1.1    Instrumentos e procedementos:

Ambito de aplicación:

Para todos/as alumnos/as.

Actividades de repaso:

       Consisten en actividades sobre os contidos xa explicados no centro antes do 14 de marzo.

-     Actividades de ampliación:

Consisten en actividades sobre contidos  explicados despois  do 14 de marzo sobre cada unidade didáctica.

.O seu obxectivo é o de favorecer o aprendizaxe dos contidos.

Clase virtual:

Impartidas pola profesora, deste xeito o alumnado ten a posibilidade de recibir explicacións de xeito máis directo e personalizado e case presencial.

-   Publicación:

  Na plataforma da aula virtual está a documentación  á disposición do alumnado  para que adquira os   resultados de aprendizaxe  propostos nesta programación.

-   Presentación:

        As tarefas/actividades non presentadas no prazo establecido só poderán ser entregadas noutro prazo por causa xustificada documentalmente. En caso contrario, a nota será de NP.

      A única vía telemática para que teña validez oficial, que se admite  será a AULA VIRTUAL.

 

2.1.2  Cualificación

-       Cualificación  de actividades de repaso e ampliación.  Neste caso, a nota máxima obtida será de 5

puntos, resultado da media das tarefas/actividades levados a cabo. O motivo de dita puntuación é que a esta nota se lle sumará a nota do 2º trimestre. No caso de   ANULACIÓN ou SUSPENSO da/s TAREFA/S, de ampliación e repaso, non haberá lugar a recuperación.

 

2.2.2 Data límite para a 3ª Avaliación

-       Para o alumado aprobado na segunda avaliación, a data de peche da 3ª avaliación será o 12 de Xuño.

 

2.2.3         PLAXIO DE TAREFAS E A SÚA PUNTUACIÓN:

-  No caso de que se detecte que os traballos de dous ou máis  alumnos foran copiados, serán rexeitados para ser calificados. Polo tanto a nota obtida será un 0.

 

2.2    Avaliación RECUPERACIÓN para alumnos co  1º e/ou 2º trimestre suspenso e os alumnos PD:

Han de realizar actividades/tarefas de reforzo/recuperación, así como probas/exames co fin de superar os contidos suspensos ata a data do 2º trimestre.

 

2.2.1 Instrumentos  de avaliación:

                A) Probas  obxectivas:

Soamente se celebrará no caso de que se den os medios necesarios para que teña credibilidade de que o alumno foi o único autor de dita proba.

Levarase a cabo unha proba escrita  de test. Nas preguntas tipo test, o alumno/a poderá contestar ou deixar en branco, as respostas en branco non puntúan, as  respostas erradas restan en proporción tres erradas unha correcta.

 Aquel/a alumno/a que non asista á proba na data da súa realización, non terá dereito a recuperala en   data distinta salvo causa xustificada documentalmente.

B)  Actividades de reforzo e recuperación: 

-       Actividades/tarefas

 As tarefas e actividades versarán sobre cada unidade didáctica. Os contidos, procedementos, prazos de entrega  e criterios  de cualificación, serán informados previamente á súa realización a través da plataforma da Aula Virtual.

-       Clase virtual:

Impartidas pola profesora, deste xeito o alumnado ten a posibilidade de recibir explicacións de xeito máis directo e personalizado e case presencial.

-       Publicación:

  Na plataforma da aula virtual está a documentación  á disposición do alumnado  para que adquira os   resultados de aprendizaxe  propostos nesta programación.

-   Presentación:

  As tarefas/actividades non presentadas no prazo establecido só poderán ser entregadas noutro prazo por causa xustificada documentalmente. En caso contrario, a nota será de NP.

 A única vía telemática para que teña validez oficial, que se admite  será a AULA VIRTUAL.

 

2.2.2     Cualificación  das tarefas/actividades

A puntuación do traballo/actividad recuperación: Suporá o 50 % da nota da avaliación do 3º trimestre. Para que faga media coa nota da proba obxectiva ha de acadar a nota mínima de 2,5 puntos.

 PLAXIO DE TAREFAS E A SÚA PUNTUACIÓN:

-  No caso de que se detecte que os traballos de dous ou máis  alumnos foran copiados, serán rexeitados para ser calificados. Polo tanto a nota obtida será un 0.

 

2.2.3     Cualificación   da proba obxectiva

A puntuación  da proba obxectiva:  suporá o 50 % da nota de avaliación do 3º  trimestre. Para que faga media coa nota de tarefas/actividades repaso e recuperación, ha de acadar a nota mínima de 2,5.

A proba  non superada, non poderá ser recuperada antes da proba final de xuño.

                     SE NON  SE PODE FACER PROBA OBXECTIVA:  A nota será o 100% da nota obtida por  tarefas e actividades de recuperación.

        En calquer caso,  a NOTA MÍNIMA PARA  APROBAR  será de 5 puntos.     

2.3  Recuperación para alumnos con PD

 Soamente terán dereito a unha proba (no caso de que se leve a cabo), ou a unha  entrega no caso das actividades. De tal xeito que non haberá ningún tipo de repesca ou segundas datas de recuperación.

2.4.  Data límite para alumnado que ha de  recuperar a 1ª e 2ª  Avaliación ou en situación de PD

-       Para o alumado suspenso, a data de peche de recuperación será o 22 de Xuño.

 

             PLAXIO DE TAREFAS E A SÚA PUNTUACIÓN:

No caso de que se detecte que os traballos de dous ou máis  alumnos foran copiados, serán rexeitados para ser calificados. Polo tanto a nota obtida será un 0.

 

3         AVALIACIÓN FINAL XUÑO

       3.1    Criterio cualificación

ñ  A nota mínima para acadar o aprobado será de 5 puntos.

ñ  Aquel/a alumno/a que non asista á proba obxectiva (no caso de ser posible realizala), e/ou  non presente as actividades suspensas, no prazo de entrega requerido,  non terá dereito a que se lle cambie a data fixada salvo, causa xustificada documentalmente.

 

 

3.2  Instrumento de avaliación final xuño.

 A) Proba obxectiva. (nas mesmas condicións que no 3º trimestre). Soamente se celebrará no caso de que se   den   os medios necesarios para que teña credibilidade de que o alumno foi o único autor de dita proba.

           B) Tarefas/actividades suspensos  ata esa data  que corresponden a contidos da 1ª e/ou  2ª avaliación.

 

  A súa  Presentación será:  

  a)  AULA VIRTUAL :   Soamente se admite esta vía telemática, para que teña validez oficial.

  b) En papel.

 

 

 

 

 

 

 

Cualificación final

 

  1. 1.    NOTA FINAL DO MÓDULO:

 

1.1  No caso de alumnos/as aprobados na 3º avaliación:

A  nota final de módulo será a mesma que a  nota da terceira avaliación

            En todo caso, a nota final farase co seguinte criterio:

ñ   Para alumnos SUSPENSOS e  alumnos con PD:  NOTA FINAL =  NOTA de RECUPERACIÓN ­ + NOTA MEDIA de tarefas (ampliación e repaso). Para facer esta suma será imprescindible que a nota de recuperación sexa mínimo de 5 puntos.

ñ   Para alumnos APROBADOS na 2º avaliación :  NOTA FINAL =  NOTA de 2ª avaliación ­ + NOTA MEDIA de tarefas (ampliación e repaso).

 

1.2  No caso de alumnos que se presenten á convocatoria de xuño.

A nota final será o acadado en dita convocatoria. Tendo en conta que a nota mínima para aprobar será de 5 puntos.

 

  1. 2.    REDONDEO DA PUNTUACION OBTIDA:

 A nota con decimales será redondeada do seguinte  xeito: Se o decimal supera a 0.8 será  redondeado por exceso ao enteiro máis próximo. En caso contrario será redondeado por defecto ao inferior máis próximo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última modificación: luns, 11 de maio de 2020, 1:45 PM