PROGRAMACIÓN DA AVALIACION FINAL CURSO 19/20
|
1. Mínimos exixibles.
-Identificar e clasificar as situacións de risco máis habituais no ámbito de traballo relacionado coa súa profesión asociando as técnicas xerais de actuación en función das mesmas. -Identificar o contido básico do plan de prevención, valorar a súa importancia e identificar as responsabilidades de cada quen -Identificar os dereitos e obrigas legais en materia de prevención de traballadores e empresarios. -Realizar unha sinxela avaliación de riscos dunha empresa do sector -Coñecer o procedemento de actuación ante unha emerxencia e protocolo de primeiros auxilios.
-Identificar e clasificar as fontes do Dereito laboral -Identificar e aplicar nun suposto práctico, os principios de aplicación do Dereito laboral -Identificar os dereitos e obrigas dos traballadores/as -Identificar as distintas modalidades de contratación, as características máis importantes de cada unha delas e aplicar a máis adecuada para cada situación . -Coñecer os límites legais da xornada laboral (ordinaria e extraordinaria) e os descansos e permisos aos que ten dereito o traballador. -Recoñecer os conceptos que integran o salario. -Coñecer o concepto de SMI, a contía actual do mesmo e o procedemento para fixalo -Cumprimentar correctamente un recibo de salarios. -Coñecer as causas e efectos da modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo. -Cálculo de finiquito. -Identificar os distintos tipos de representación -Identificar as partes negociadoras dun convenio, describir o proceso de negociación e o contido mínimo do convenio. -Diferenciar entre folga legal e ilegal, coñecer os requisitos de convocatoria e as funcións do comité de folga. -Coñecer a diferenza entre grupos e equipos de traballo. -Coñecer o procedemento de procura de emprego. -Elaboración dun curriculum vitae e carta de presentación -Coñecer a actuación máis adecuada ante unha entrevista de traballo
2. Avaliación e cualificación. Haberá dúas convocatorias ou momentos para avaliar. A primeira corresponderá a celebración do 3º trimestre. A segunda se celebrará no mes de xuño, no que se realizarán probas extraordinarias ao alumnado con materia suspensa nese intre.
1.1 Hay que diferenciar tres tipos de alumnado.
2.1 Avaliación ordinaria 3º trimestre: 2.1.1 Instrumentos e procedementos: - Ambito de aplicación: Para todos/as alumnos/as. - Actividades de repaso: Consisten en actividades sobre os contidos xa explicados no centro antes do 14 de marzo. - Actividades de ampliación: Consisten en actividades sobre contidos explicados despois do 14 de marzo sobre cada unidade didáctica. .O seu obxectivo é o de favorecer o aprendizaxe dos contidos. Clase virtual: Impartidas pola profesora, deste xeito o alumnado ten a posibilidade de recibir explicacións de xeito máis directo e personalizado e case presencial. - Publicación: Na plataforma da aula virtual está a documentación á disposición do alumnado para que adquira os resultados de aprendizaxe propostos nesta programación. - Presentación: As tarefas/actividades non presentadas no prazo establecido só poderán ser entregadas noutro prazo por causa xustificada documentalmente. En caso contrario, a nota será de NP. A única vía telemática para que teña validez oficial, que se admite será a AULA VIRTUAL.
2.1.2 Cualificación - Cualificación de actividades de repaso e ampliación. Neste caso, a nota máxima obtida será de 5 puntos, resultado da media das tarefas/actividades levados a cabo. O motivo de dita puntuación é que a esta nota se lle sumará a nota do 2º trimestre. No caso de ANULACIÓN ou SUSPENSO da/s TAREFA/S, de ampliación e repaso, non haberá lugar a recuperación.
2.2.2 Data límite para a 3ª Avaliación - Para o alumado aprobado na segunda avaliación, a data de peche da 3ª avaliación será o 12 de Xuño.
2.2.3 PLAXIO DE TAREFAS E A SÚA PUNTUACIÓN: - No caso de que se detecte que os traballos de dous ou máis alumnos foran copiados, serán rexeitados para ser calificados. Polo tanto a nota obtida será un 0.
2.2 Avaliación RECUPERACIÓN para alumnos co 1º e/ou 2º trimestre suspenso e os alumnos PD: Han de realizar actividades/tarefas de reforzo/recuperación, así como probas/exames co fin de superar os contidos suspensos ata a data do 2º trimestre.
2.2.1 Instrumentos de avaliación: A) Probas obxectivas: Soamente se celebrará no caso de que se den os medios necesarios para que teña credibilidade de que o alumno foi o único autor de dita proba. Levarase a cabo unha proba escrita de test. Nas preguntas tipo test, o alumno/a poderá contestar ou deixar en branco, as respostas en branco non puntúan, as respostas erradas restan en proporción tres erradas unha correcta. Aquel/a alumno/a que non asista á proba na data da súa realización, non terá dereito a recuperala en data distinta salvo causa xustificada documentalmente. B) Actividades de reforzo e recuperación: - Actividades/tarefas As tarefas e actividades versarán sobre cada unidade didáctica. Os contidos, procedementos, prazos de entrega e criterios de cualificación, serán informados previamente á súa realización a través da plataforma da Aula Virtual. - Clase virtual: Impartidas pola profesora, deste xeito o alumnado ten a posibilidade de recibir explicacións de xeito máis directo e personalizado e case presencial. - Publicación: Na plataforma da aula virtual está a documentación á disposición do alumnado para que adquira os resultados de aprendizaxe propostos nesta programación. - Presentación: As tarefas/actividades non presentadas no prazo establecido só poderán ser entregadas noutro prazo por causa xustificada documentalmente. En caso contrario, a nota será de NP. A única vía telemática para que teña validez oficial, que se admite será a AULA VIRTUAL.
2.2.2 Cualificación das tarefas/actividades A puntuación do traballo/actividad recuperación: Suporá o 50 % da nota da avaliación do 3º trimestre. Para que faga media coa nota da proba obxectiva ha de acadar a nota mínima de 2,5 puntos. PLAXIO DE TAREFAS E A SÚA PUNTUACIÓN: - No caso de que se detecte que os traballos de dous ou máis alumnos foran copiados, serán rexeitados para ser calificados. Polo tanto a nota obtida será un 0.
2.2.3 Cualificación da proba obxectiva A puntuación da proba obxectiva: suporá o 50 % da nota de avaliación do 3º trimestre. Para que faga media coa nota de tarefas/actividades repaso e recuperación, ha de acadar a nota mínima de 2,5. A proba non superada, non poderá ser recuperada antes da proba final de xuño. SE NON SE PODE FACER PROBA OBXECTIVA: A nota será o 100% da nota obtida por tarefas e actividades de recuperación. En calquer caso, a NOTA MÍNIMA PARA APROBAR será de 5 puntos. 2.3 Recuperación para alumnos con PD Soamente terán dereito a unha proba (no caso de que se leve a cabo), ou a unha entrega no caso das actividades. De tal xeito que non haberá ningún tipo de repesca ou segundas datas de recuperación. 2.4. Data límite para alumnado que ha de recuperar a 1ª e 2ª Avaliación ou en situación de PD - Para o alumado suspenso, a data de peche de recuperación será o 22 de Xuño.
PLAXIO DE TAREFAS E A SÚA PUNTUACIÓN: No caso de que se detecte que os traballos de dous ou máis alumnos foran copiados, serán rexeitados para ser calificados. Polo tanto a nota obtida será un 0.
3 AVALIACIÓN FINAL XUÑO 3.1 Criterio cualificación ñ A nota mínima para acadar o aprobado será de 5 puntos. ñ Aquel/a alumno/a que non asista á proba obxectiva (no caso de ser posible realizala), e/ou non presente as actividades suspensas, no prazo de entrega requerido, non terá dereito a que se lle cambie a data fixada salvo, causa xustificada documentalmente.
3.2 Instrumento de avaliación final xuño. A) Proba obxectiva. (nas mesmas condicións que no 3º trimestre). Soamente se celebrará no caso de que se den os medios necesarios para que teña credibilidade de que o alumno foi o único autor de dita proba. B) Tarefas/actividades suspensos ata esa data que corresponden a contidos da 1ª e/ou 2ª avaliación.
A súa Presentación será: a) AULA VIRTUAL : Soamente se admite esta vía telemática, para que teña validez oficial. b) En papel.
|
|
Cualificación final
1.1 No caso de alumnos/as aprobados na 3º avaliación: A nota final de módulo será a mesma que a nota da terceira avaliación En todo caso, a nota final farase co seguinte criterio: ñ Para alumnos SUSPENSOS e alumnos con PD: NOTA FINAL = NOTA de RECUPERACIÓN + NOTA MEDIA de tarefas (ampliación e repaso). Para facer esta suma será imprescindible que a nota de recuperación sexa mínimo de 5 puntos. ñ Para alumnos APROBADOS na 2º avaliación : NOTA FINAL = NOTA de 2ª avaliación + NOTA MEDIA de tarefas (ampliación e repaso).
1.2 No caso de alumnos que se presenten á convocatoria de xuño. A nota final será o acadado en dita convocatoria. Tendo en conta que a nota mínima para aprobar será de 5 puntos.
A nota con decimales será redondeada do seguinte xeito: Se o decimal supera a 0.8 será redondeado por exceso ao enteiro máis próximo. En caso contrario será redondeado por defecto ao inferior máis próximo.
|