Bo día,
Como o luns xuntamos as dúas sesións de clase que temos cada semana, hoxe non teriamos clase. De todos os xeitos, se alguén que non puido vir o luns quere aproveitar hoxe para vir e preguntar calquera dúbida, eu estarei ou ben na nosa aula 312 ou no departamento de inglés 211.
Este luns 22 empezamos coa primeira unidade do libro, páxina 4: Office orientation. Fixemos o exercicio 1 e falamos de traer feito o exercicio 3 para o próximo día. Tamén estivemos facendo un dos icebreakers ;-)
Por outro lado, acabo de colgar o calendario escolar na AV e un recurso de repaso (voluntario) para quen se anime a facelo: "Corporate Hierarchy".
En breve colgarei a táboa de unidades/temas que veremos por trimestre.
O próximo luns 29 tamén teremos as dúas horas seguidas a partir das 19:40, por petición maioritaria.
Keep on working!
Regards,
Amelia