Proceso de Selección del alumnado por la empresa Marzo 2024

Proceso de Selección del alumnado por la empresa Marzo 2024

por Margarita de Montserrat Castiñeira Alvariño -
Número de respostas: 0

Dende o centro educativo comunicouse con antelación ao alumnado, que na data 22/03/2024 no horario de mañá terá lugar este proceso de selección presencial polas empresas no centro educativo, ese lle trasladaron uns criterios base orientativosde selección.

Criterios de selección:entrevistas individuais para coñecer aos candidatos/as, valorar actitude, aptitude, motivación, inquedanzas, experiencia profesional previa, coñecemento do sector, dispoñibilidade e mobilidade, expectativas e grao de implicación na formación.

Previo ás entrevistas, o alumnado cubriu unha ficha na que indica a orde de preferencia para cada empresa colaboradora, marcando 1 para a primeira opción e 4 para a última opción; trátase dun documento orientativo para a selección de alumnado polas empresas.

O alumnado que figura na listaxe que debe asistir ao proceso de selección que non se presenten quedará excluído do proceso de selección decaendo dos seus dereitos de ser seleccionado por unha empresa.

A selección levase a cabo polas persoas representantes de cada empresa, coa supervisión dun representante do centro educativo, co compromiso de que a selección garanta cubrir o número mínimo de prazas que as empresas se comprometeron a acoller nas súas instalacións.

Asignaranseo mínimo de prazas comprometidas pola entidades colaboradoras ou mais prazas ao alumnado, indicando a orde de preferencia e o centro de traballo concreto. Tamén establecerase a relación de persoas que figurarán na listaxe de espera (todas as que non foron seleccionadas), por orde de preferencia.