Ben, hoxe quería falar convosco pero moitos de vós (polo tema da folga de buses) non estábades. Da "bronca" que vos botei o outro día, esencialmente o que me molestou foi a vosa falta de consideración cara Xosé Couñago: falando mentres el explicaba, estando co móbil, non facendo a tarefa que vos mandei, non facerlle caso a Kike cando vos pedía que apurarades. En definitiva, unha falta de consideración e educación que non pasaba que ocurriría convosco. A verdade, estou decepcionada con este grupo porque en clase nunca facedes iso (sempre comento con outros profes o estupendos que sodes), pero foi saír e unha decepción. Creo que todos deberíamos facer autocrítica para mellorar.
Tíñamos pensado para vós outra saída, trátase dunha camiñata polo lagares na que iredes acompañadas/os dun profesional e organizamos unha actividade para aprender sobre a fauna e flora do noso territorio. Coñecer o que nos rodea, saber identificalo e aprecialo é a base para saber coidar e respectar o noso entorno. Cremos que será moi enriquecedor para vós. Ademais de organizar un día lectivo diferente (que creades ou non, custa horrores de organizar e tamén supón asumir unha maior respostabilidade; porque se vos pasa algo a culpa é do profesorado). Así que valorade todo o posible (falo por Kike sobre todo, pero tamén polo demais profesorado) ós docentes que, confiando en vós, deciden facer algo distinto e romper un pouco a monotonía das clases.
Ides ir á saída do 11 de abril. Ides con 1º Bach C así que vos pido madureza e responsabilidade. Non sodes nenos/as para comportarvos como o outro día e non queremos ter que tratarvos como tales. Por favor, sei que sabedes comportarvos (porque na clase o facedes perfectamente).
Aos que non viñéchedes a clase hoxe, deixovos a autorización na aula virtual. Tedes que entregala o mesmo día da saída, o 11. Non custa cartos, asíque só precisamos a firma dos vosos pais/nais/titores/titoras e SOBRE TODO o voso compromiso de ir a aprender e, por suposto, disfrutar aprendendo. Quen non estea interesado na saída, que non vaia, non é obrigatorio.
Unha aperta e boas vacacións. Descansade.