Ir ao contido principal
AVRM
  • Inicio
  • Calendario
  • Mis accesos
    Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
  • Ir a Google
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVRM
Inicio Calendario Mis accesos Contraer Expandir
Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
Ir a Google
Expandir todo Contraer todo
  1. Xeografía 2 bach
  2. Xeral
  3. Recordade

Recordade

Requisitos do completado

A proba da selectividade seguirá o seguinte esquema: 
-1ª pregunta de tipo competencial: circunscribirase ao bloque 2 de contidos. Nela proporase unha situación contextualizada nunha contorna xeográfica, propia da vida do alumnado, a partir da cal terá que comparar, deducir ou relacionar, demostrando creatividade, capacidade crítica, reflexión e madurez na interpretación e resolución da cuestión exposta. Suporá unha
puntuación de 2,5 puntos.
-2ª pregunta de tipo práctico do bloque 1, 3 ou 4. Suporá unha puntuación de 2,5 puntos. Constará de dúas cuestións das que o alumnado deberá responder a unha delas.
-3ª pregunta de tipo práctico do bloque 1, 3 ou 4. Suporá unha puntuación de 2,5 puntos. Constará de dúas cuestións das que o alumnado deberá responder a unha delas.
-4ª pregunta. Vocabulario. Proporase un texto de carácter xeográfico no que se sinalarán 10 termos xeográficos para definir. Deles o alumnado deberá escoller 5 dos mesmos para elaborar a súa resposta, na que se valorará a brevidade (recoméndase non superar as cinco liñas), a concreción e precisión (que corresponda ao concepto), así como a contextualización cun exemplo. Suporá unha puntuación de 2,5 puntos (0,5 puntos por termo).
En todas as preguntas valorarase a coherencia, cohesión, corrección gramatical, léxica e ortográfica dos textos producidos, así como a súa presentación. Estes aspectos suporán un 10 % da cualificación de cada unha das cuestións expostas.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle