Exame tema 3
Requisitos do completado
Para o próximo exame tedes que preparar o tema 3 do libro.
Déixovos preguntas orientativas, non quere dicir que sexan as do exame:
- Que é a actividade económica?. Partes implicadas e fases.
- Que é o consumo responsable?
- Sectores económicos: definición e actividades que inclúen.
- Cales son os factores de produción? Exemplos. E os axentes económicos?
- Os sistemas económicos. características de cada un. Países nos que podemos atopar cada modelo.
- Que é a lei da oferta e a demanda e que papel xoga no sistema capitalista.
- Explicar que é o modelo de Estado de benestar.
- A globalización: que é, características, causas e consecuencias. Vantaxes e desvantaxes.
- Que factores impulsan a globalización? Explícaos resumidamente.
- Que son as multinacionais, como funcionan e como son favorecidas pola globalización.
- Explicar en que consiste a deslocalización industrial.
- A quen beneficia a globalización? Explicar como favorece aos países desenvolvidos e emerxentes e como perxudica aos subdesenvolvidos.