Ir ao contido principal
AVRM
  • Inicio
  • Calendario
  • Mis accesos
    Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
  • Ir a Google
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVRM
Inicio Calendario Mis accesos Contraer Expandir
Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
Ir a Google
Expandir todo Contraer todo
  1. Elementos de Sistemas de Telecomunicacións STI
  2. Electrónica dixital
  3. Prácticas de microcontroladores I : Arduino

Prácticas de microcontroladores I : Arduino

Requisitos do completado
Abertas: luns, 13 de maio de 2024, 12:00 AM
Pendente: luns, 20 de maio de 2024, 6:30 PM

TAREFA 1:

Comezar descargando de www.arduino.cc e instalando nos equipos o entorno de desenvolvemento (IDE) de Arduino.

Unha vez instalado e co arduino conectado, seleccionar a placa e o porto adecuados.

Para probar que todo funciona, subir á placa o exemplo Blink (Archivo -->Ejemplos -->01.Basics). Debería parpadear o LED integrado na placa.

Cargar o exemplo DigitalReadSerial e conectar un pulsador en configuración pull-down ó porto 2. Probar que no monitor serie se reciben as mensaxes.

Agora hai que facer unha mestura dos dous exemplos usados: Cando se preme o pulsador acende o led e envíase a mensaxe "LED ACESO". Cando non se preme, o led permanece apagado e envíase a mensaxe "LED APAGADO". Para non saturar o monitor serie poñer ó final do loop() un delay por 5 segundos.

Pode que precisedes información sobre as sentencias if ... else :   https://programarfacil.com/blog/arduino-blog/if-else-arduino/

ENTREGA DA TAREFA 1:

Gardar co nome 1ledPulsador.ino e SUBIR programa e FOTO DO CIRCUITO.

FIN DA PRIMEIRA TAREFA



_____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

CANDO TERMINEDES A PRIMEIRA TAREFA PODEDES CONTINUAR CA SEGUNDA:


Conversor analóxico dixital

O ADC de Arduino (portos A0 .. A5) permite medir tensións analóxicas entre 0 V e 5 V (importante non exceder esta tensión) entregando como resultado un número binario de 10 bits (que corresponde ó rango de enteiros 0 .. 1023).

Por exemplo, cando aplicamos unha tensión de 3,65 V á entrada A4, a instrucción :

   Serial.println(analogread(A4));

fará que apareza no monitor serie o número 747.

Como a tensión máxima en calquera entrada analóxica é de 5 V (3,3 V en determinados modelos) para medir tensións superiores haberá que empregar un divisor de tensión.

Por exemplo: para monitorizar a tensión dunha fonte 0V .. 12V habería que empregar un divisor de tensión que entregara na entrada analóxica do arduino unha tensión de 5 V cando a tensión da fonte fose máxima (12V):

( O negativo da fonte ten que estar conectado a GND no Arduino)

E despois habería que facer algo de matemáticas:

   int lecturaADC = analogRead(A4);

   float tensiónADC = (lecturaADC / 1023.0) * 5.0;

   float tensionFonte = tensionADC * (24000 / 10000);

   Serial.print("A tensión da fonte é (V) : ");

   Serial.println(tensionFonte);

Entrega 2:

Facer o deseño de circuíto adecuado e escribir o programa necesario para monitorizar a tensión de saída da fonte que se emprega nas prácticas. Debe tomarse unha medida cada 5 segundos. Comparar ca medida tomada con un polímetro.

O ARDUINO ALIMÉNTASE POLO PORTO USB. O POSITIVO DA FONTE SÓ SE CONECTA Ó DIVISOR. TEDE PRECAUCIÓN DE QUE Ó ARDUINO NUNCA LLE CHEGUEN MÁIS DE 5 VOLTIOS.

Entregar programa voltimetro.ino e foto do circuíto

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle