Visibilizando a violencia contra as mulleres

O 25 de novembro é o Día Internacional CONTRA a Violencia Machista, violencia cuxa prevención traballamos no noso centro de xeito curricular dentro das materias ou módulos das diferentes ensinanzas, e tamén a través de programas de Innovación Educativa como o Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade" ou os Contratos Programa "IguálaT", "Inclúe" e "Convive" e que se están a desenvolver este ano no Instituto.
A violencia machista existe, reprodúcese en todos os eidos e en todos os espazos e maniféstase de moitas formas. Queremos denunciala, queremos visibilizala, queremos expoñela porque está ahí e hai que erradicala, acabar con ela como sexa. Falamos de dereitos humanos: do dereito á vida, á integridade física e psicolóxica, á autonomía, ao libre pensamento, á libre circulación, á libre elección de traballo....... Dereitos dos que moitas mulleres son privadas so polo simple feito de ser muller.
Este ano, a nosa pequena contribución en prol da loita contra a violencia machista será visibilizándoa a través de bonecas (simbolismo muller = boneca = cousificación + submisión).
Colle unha boneca que teñas pola casa de cando eras cativa/o (ou faite con unha) e reproduce nela algunha das violencias machistas que sofren as mulleres. Píntalle moratóns, sangue, ráchalle un pouco a roupa, despeinaa, ponlle letreiros ou mensaxes de violencia (Zorra, Puta, Non serves para nada, A tí vouche ensinar eu, Asasinato, Violación, Agresións.....). Unha vez feita, faille unha foto que deberás entregar nesta tarefa e a boneca entrégalla á profe, ou de non estar ella, en conserxería.
Lembrade!! A boneca debe estar contextualizada na violencia machista, ben caracterizada.