Ir ao contido principal
AVRM
  • Inicio
  • Calendario
  • Mis accesos
    Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
  • Ir a Google
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVRM
Inicio Calendario Mis accesos Contraer Expandir
Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
Ir a Google
Expandir todo Contraer todo
  1. CURSO BÁSICO MOODLE
  2. 2. Recursos e contidos de Moodle
  3. TAREFA 2.2

TAREFA 2.2

Requisitos do completado
Abertas: domingo, 10 de maio de 2020, 12:00 AM
Pendente: domingo, 18 de outubro de 2020, 11:30 PM

Un curso está normalmente cheo de contidos, por elo, nesta tarefa imos ver de engadir e modificar algún contido nunha páxina, cartafol ou URL aos nosos alumnos.

a) Engadir unha páxina. Sempre te podes axudar deste vídeo titorial

  • Nesta tarefa váiseche propoñer engadir unha páxina na Unidade 1.  No despregable "engadir unha actividade ou un recurso" asociado a ela, selecciona "Páxina". Ábrese unha nova ventá (Imaxe 2.2.1).  Na sección Xeral, hai dous cadros, debes de enchelos xa que son obrigatorios. Dálle un nome de "PÁXINA" e fai unha pequena síntese do contido da mesma.
  • Na sección contido, hai un recadro chamado "Contido da páxina" onde podes aportar toda a información que desexes a túa unidade. Para traballar mellor, primeiro desprega o editor.
  • Vas meter un contido específico que atoparás na área de recursos asociada a sección 2 do CURSO BÁSICO DE MOODLE. Alí hai un elemento co nome de "Rosalía". Ábreo, copia o contido e logo pégalo no cadro de "Contido da páxina". 
  • Garda os cambios e volve a páxina principal do teu curso. Xa tes creado un recurso páxina!!.
  • Sitúa o contido creado debaixo da etiqueta "Contidos" que creaches. Una vez feito todo o anterior, preme sobre o recurso "PAXINA"  ou segue a ruta: Páxina principal>Os meus cursos>Formación do Profesorado>UNIDADE 1>PAXINA e fai a captura de pantalla (tarefa_2.2_a).
Banco de preguntas
Imaxe 2.2.1 Ventá engadir páxina

 

b) Editor de texto. Sempre te podes axudar deste vídeo titorial

  • Unha vez creado o recurso "páxina" no apartado anterior, vas traballar algunhas funcións do editor de texto (Imaxe 2.2.2) para enriquecelo. Selecciona todo o texto e no despregable "familia do tipo" selecciona Trebuchet. Seguidamente, no depregable "tamaño de letra" selecciona 4 (14pt). Cambia a cor da letra do nome da autora e marca de cor o fondo do nome Eduardo Pondal, seleccionando  Cor do texto e cor de fondo.
Imaxe 2.2.2 Editor de texto

c) Editor de texto: inserir ligazón

  • No paragrafo selecciona o nome de "Rosalía de Castro" e vas ver que se activa os botóns [Ligazóns, engadir - quitar - impedir ]. Ao premer no primeiro deles, xorde unha ventá nova (Imaxe 2.2.3). Pega o URL previamente seleccionada e copiada no cadro  URL da ligazón e no despregable "Destino" selecciona "Abrir nunha nova xanela".
  • Garda os cambios no botón "Inserir".
Editar banco de preguntas
Imaxe 2.2.3 Ventá inserir ligazón

d) Editor de texto: inserir imaxes

  • Ao final do paragrafo vas colocar unha imaxe.  Preme no botón inserir imaxe []. Ábrese unha nova ventá. Preme sobre "Find or upload an image". Aparece outra nova ventá. Selecciona de entre a columna da esquerda "Enviar ficheiro". Seguidamente ao premer en "anexo" vaise abrir unha ventá que enlaza co teu computador. Selecciona a foto que atopas en "Recursos"  de esta sección e que previamente tes que haber descargado e por último preme en "Enviar este ficheiro". Vólvese a ventá do inicio e na pestana de "Aparencia" vas a sección de "Dimensións" onde cambias os datos a: 150 x 152. 
  • Garda os cambios no botón "Insertar".

e) Editor de texto: inserir vídeos. Sempre te podes axudar deste vídeo titorial

  • Á hora de engadir un vídeo e que quede embebido na páxina debemos de facernos coa dirección do mesmo en formato HTML. Preme no botón [<>] do editor de texto para abrir una nova pantalla chamada "Editor HTML". Logo de facer isto pega o "IFRAME" do vídeo e preme no mesmo botón  "Actualizar".  O vídeo xa o tes inserido.
  • Garda os cambios no botón "Gardar e volver ao curso"

Volve a páxina principal do teu curso. Una vez feito todo o anterior, preme sobre o recurso enriquecido onde se mostren so cambios ou segue a ruta: Páxina principal>Os meus cursos>Formación do Profesorado>UNIDADE 1>PAXINA e fai a captura . Agora fai a captura (tarefa_2.2_b)

Envío da tarefa. Envía á tarefa as imaxes capturadas:

tarefa_2.2_a

tarefa_2.2_b

Cualificación da tarefa:

Esta tarefa ten un peso do 20% no conxunto do curso

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle