TAREFA 1.5
Requisitos do completado
Abertas: martes, 29 de setembro de 2020, 12:00 AM
Pendente: sábado, 10 de outubro de 2020, 11:30 PM
Creación de preguntas cloze ou de encher ocos baleiros. Sempre te podes axudar deste vídeo titorial
- Na seguinte ruta de menús "Administración do curso -> Banco da pregunta -> Preguntas". Premes no botón de crear unha nova pregunta. Ábrese unha pantalla onde escollerás un dos tipos de preguntas posibles a crear.
- Escolle o tipo "CLOZE" (imaxe 1.5.1) e confirma en "Engadir". Abrirase unha nova páxina.
![]() |
| Imaxe 1.5.1 Banco de preguntas |
- Na sección xeral, Primeiro fíxate na sección categoría: selecciona a que creaches para este curso e logo cubre os campos en vermello pois son obrigatorios. Imos chamar a esta pregunta "P_cloze_01". En texto da pregunta copia o seguinte paragrafo:
"O epitelio simple plano está formado por unha soa capa de células que presenta aspecto fusiforme en corte transversal, aínda que tridimensionalmente teñen forma de ovo fritido. As súas células están unidas entre si mediante desmosomas, onde destacan as unións estreitas. Isto fai que as substancias que queiran atravesar a capa epitelial teñan que facelo ao través das propias células".
- Abre o editor de texto no botón [
] e despois no paragrafo selecciona a palabra "plano". De seguido preme no botón [
] (imaxe1.5.2). Abriráseche unha ventá (imaxe 1.5.3). Na parte superior atoparás un menú onde deberás escoller " menú despregable ". Debaixo de "plano", escribe no cadro baleiro a palabra "cúbico"e no seguinte cadro baleiro de debaixo escribe "prismático". Como son as respostas entre as que os alumnos teñen que escoller, non se lles da ningún valor, nin se habilitan. Por último preme no botón "inserir".
![]() |
| Imaxe 1.5.2 Banco de preguntas |
- Agora no paragrafo selecciona a palabra "célula" e de seguido preme no botón [
] .Abriráseche de novo a mesma ventá. No menú deberás escoller esta vez "resposta curta". Preme no botón de inserir e confirma en "Gardar os cambios"
![]() |
| Imaxe 1.5.3 Ventá cloze para engadir respostas |
- Una vez creado este tipo de pregunta captura a pantalla dentro do teu curso na ruta: "Administración do curso -> Banco das preguntas -> Preguntas". Preme sobre a lupa da pregunta creada e fai unha captura onde se vea a previsualización da mesma. (tarefa_1.5_a)
Envío da tarefa. Envía á tarefa as imaxes capturadas:
tarefa_1.5_a
Cualificación da tarefa:
Esta tarefa ten un peso do 5% no conxunto do curso


