Ir ao contido principal
AVRM
  • Inicio
  • Calendario
  • Mis accesos
    Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
  • Ir a Google
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVRM
Inicio Calendario Mis accesos Contraer Expandir
Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
Ir a Google
Expandir todo Contraer todo
  1. CURSO BÁSICO MOODLE
  2. 1. Cómo xestionar o curso?
  3. TAREFA 1.4

TAREFA 1.4

Requisitos do completado
Abertas: martes, 29 de setembro de 2020, 12:00 AM
Pendente: sábado, 10 de outubro de 2020, 11:30 PM

Creación de preguntas de asociación. Sempre te podes axudar deste vídeo titorial

  • Na seguinte ruta de menús "Administración do curso -> Banco da pregunta -> Preguntas". Premes no botón de crear unha nova pregunta. Ábrese unha pantalla onde escollerás un dos tipos de preguntas posibles a crear. 
  • Escolle o tipo "coincidentes" (imaxe 1.4.1) e confirma en "Engadir". Abrirase unha nova páxina.  Fíxate na sección categoría: selecciona a que creaches para este curso. 

Banco de preguntas
Imaxe 1.4.1 Banco de preguntas

 

  • Na sección xeral (imaxe1.4.2) cobre os campos en vermello, pois son obrigatorios. Imos chamar a esta pregunta "P_coincidente_01". En texto da pregunta escribe: "Describa as relacións das seguintes estruturas do "hilio" pulmonar esquerdo. Empregue os termos: anterior, posterior, superior e inferior". 
  • A pestana de Barallar deixámola activa (lembra que a podes deixar inactiva e entón as respostas non sairán ao chou)


Banco de preguntas
Imaxe 1.4.2 Ventá pregunta coincidente

  • Na sección de respostas (imaxe 1.4.3) comezaremos a encher o cadro que pon pregunta 1 (escribe Aorta descendente) e no cadro de resposta(escribe posterior).  No cadro que pon pregunta 2 escribe: "corazón"; e no cadro de resposta escribe: "anteroinferior".  No cadro da pregunta 3 déixalo baleiro pero no cadro resposta escribe: "posterior".  Isto vainos permitir que o alumno teña máis respostas que preguntas entre as que escoller.  Se ves que queres engadir mais preguntas ou respostas só tes que premer no botón de "En branco para 3 preguntas máis". Por último, confirma en "Gardar os cambios"
Editar banco de preguntas
Imaxe 1.4.3 Ventá de sección de respostas

  • Una vez creado este tipo de pregunta captura a pantalla dentro do teu curso na ruta: "Administración do curso -> Banco das preguntas -> Preguntas".  Fíxate que estean a categoría e a pregunta creada. Preme sobre a lupa da pregunta creada e fai unha captura onde se vea a previsualización da mesma (tarefa_1.4_a)

Envío da tarefa. Envía á tarefa as imaxes capturadas: 

tarefa_1.4_a

Cualificación da tarefa:

Esta tarefa ten un peso do 5% no conxunto do curso

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle