Ir ao contido principal
AVRM
  • Inicio
  • Calendario
  • Mis accesos
    Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
  • Ir a Google
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVRM
Inicio Calendario Mis accesos Contraer Expandir
Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
Ir a Google
Expandir todo Contraer todo
  1. CURSO BÁSICO MOODLE
  2. 1. Cómo xestionar o curso?
  3. TAREFA 1.3

TAREFA 1.3

Requisitos do completado
Abertas: martes, 29 de setembro de 2020, 12:00 AM
Pendente: sábado, 10 de outubro de 2020, 11:00 PM

Nesta tarefa imos crear a serie dos 3 tipos de preguntas básicas e que nos van servir despois para facer distintas actividades:

a) Creación de categorías. Sempre te podes axudar deste vídeo titorial

  • No bloque de ADMINISTRACIÓN, se segues a ruta de menús: "Administración do curso -> Banco da pregunta -> Categorías".  Na zona inferior da páxina atopas a sección "Engadir categoría". Selecciona categoría principal "Predeterminada/a para:". Como nome da categoría, vas chamar a esta categoría "preguntas curso moodle". Preme Gardar

b) Creación de preguntas  "escolla múltipla" en moodle. Sempre te podes axudar deste vídeo titorial

  • No bloque de ADMINISTRACIÓN, na seguinte ruta de menús "Administración do curso -> Banco da pregunta -> Preguntas". Premes no botón de "Crear unha nova pregunta" e confirma no botón "Engadir". Ábrese unha pantalla onde escollerás un dos tipos de preguntas posibles a crear. 
  • Escolle o tipo "Escolla múltipla". Abrirase unha nova páxina.  Fíxate na sección categoría: selecciona a que creaches no apartado a) desta tarefa.  Os campos en vermello débense cubrir obrigatoriamente. Fai da seguinte maneira
 Na sección Xeral escribe nos apartados:
  • Nome= P_escolla múltipla_01
  • Texto= Cantas cores ten o arco da vella?
  • Só unha resposta
  • activado Barallar resposta
  • Numerar escollas= sen numeración

Na sección Respostas escribe nos apartados:

escolla 1: sete

escolla 2: cinco

escolla 3: catro

escolla 4: dez

Cualificación: na resposta correcta (escolla 1) selecciona na pestana 100%

e confirma en "Garda os cambios"

         

c) Creación de preguntas "verdadeiro/falso" en moodle. Sempre te podes axudar deste vídeo titorial

  •  Na ruta da anterior.  Despois de comprobar a categoría premes no botón de crear unha nova pregunta. Escollerás a pregunta tipo "verdadeiro/falso".
  • Enche os campos da seguinte forma:
 Na sección Xeral escribe nos apartados:
  • Nome= P_V/F_01
  • Texto= As cores do arco da vella son vermello, azul, verde, laranxa e amarelo
  • Resposta correcta=  Seleccionar "Falso" e confirma en "Gardar os cambios"

d) Creación de preguntas "resposta curta" en moodle.

  •   Na ruta da anterior.  Despois de comprobar a categoría premes no botón de crear unha nova pregunta. Escollerás a pregunta tipo "resposta curta" 

 Na sección Xeral escribe nos apartados:
  • Nome da pregunta: P_resp curta_01
  • Texto da pregunta: Cantas cores ten o arco da vella?

Na sección Respostas escribe nos apartados:

  • Resposta 1: sete
  • Resposta 2: 7
  • Resposta 3: sete cores
  • Cualificación: En todas as posibles respostas escolleremos 100% (se vemos que algunha pode non ser totalmente correcta poderíase  darlle menos porcentaxe de puntuación)
  • Una vez creado os tres tipos distintos de preguntas captura a pantalla dentro do teu curso na ruta: "Administración do curso -> Banco das preguntas -> Preguntas". Selecciona a categoría creada no apartado a).  Fíxate que estean creadas claramente a categoría e as preguntas asociadas a esa categoria. Preme sobre a lupa das preguntas creadas e fai unha captura de cadansúa previsualización (tarefa_1.3_a) (tarefa_1.3_b) (tarefa_1.3_c).
  • Intenta poñer en práctica todo o anterior e se queres fai a lo menos 2 máis de cada unha

Envío da tarefa. Envía á tarefa as imaxes capturadas: 

tarefa_1.3_a

tarefa_1.3_b

tarefa_1.3_c

Cualificación da tarefa:

Esta tarefa ten un peso do 10% no conxunto do curso

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle