TAREFA 1.1
Nesta tarefa estableceremos a configuración preddeterminada dos nosos cursos que creemos na aula virtual. Isto permite darlle unha uniformidade inicial ao noso curso no momento da súa creación.
Sempre te podes axudar deste vídeo titorial
A configuración predeterminada faise na seguinte ruta: Administración > administración do curso > editar a configuración. Ábrese unha pantalla nova. Na primeira sección "Xeral" hai dous campos con un asterisco vermello que xa veñen definidos por defecto neste caso, pois foron creados para facer o curso. Se tí queres crear un novo curso, podes encher estes campos co título que lle vas dar ao teu curso. Un consello 1: No cadro "Nome curto" escribe as iniciais do "Nome completo" que lle diches ao curso. Consello 2: Deixa valeiro o cadro " Número ID do curso".
Para esta tarefa debes establecer os seguintes valores predeterminados dos cursos:
- Que o curso sexa visible para o alumnado no momento da súa creación. Na sección Xeral, no despregable "Visibilidade do curso" selecciona "Amosar"
- Que non se visualice noticias. Na sección "Aparencia" no despregable "Número de novas" selecciona 0
- Desactiva o libro de cualificacións. Na sección "Aparencia" no despregable "Amosar libro de cualificacións" selecciona "NON"
- Que só se poida enviar 500KB. Na sección "Ficheiros e envíos"no despregable "Tamaño máximo" selecciona o que se pide
Para gardar os cambios feitos, preme o botón "Gardar e presentar"
Ademais, vas engadir un tema novo para que o número de temas iniciais sexa só 3. Na páxina central do curso o primeiro que fas é premer no boton "Activar a edición" que está na parte superior á dereita da pantalla. No bloque central debaixo do tema 2 premes enriba de "Engadir temas". Ábrese unha ventá na parte superior da pantalla onde teras que seleccionar o número de seccións ou temas que queres a maiores. Nesta tarefa deixaremos por defecto "1". Confirma en "Engadir temas"
Envío da tarefa. Captura a imaxe e envía a seguinte pantalla:
O formulario anterior no que fixeches as modificacións unha vez gardados os novos valores de xeito que se vexan todos os parámetros mudados. Se non che caben nunha captura podes facer dúas ( tarefa_1_a.jpg, tarefa _1_b. jpg)
Cualificación da tarefa:
- Esta tarefa ten un peso do 5% no conxunto do curso