Ir ao contido principal
AVRM
  • Inicio
  • Calendario
  • Mis accesos
    Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
  • Ir a Google
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVRM
Inicio Calendario Mis accesos Contraer Expandir
Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
Ir a Google
Expandir todo Contraer todo
  1. Itinerario persoal para a empregabilidade (FP Básica Administrativo)
  2. Unidade 3. O día a día nunha empresa: Comunicar, colaborar e resolver problemas
  3. 📝 Traballo: “Un problema na oficina”

📝 Traballo: “Un problema na oficina”

Requisitos do completado
Abertas: martes, 24 de marzo de 2026, 12:00 AM
Pendente: domingo, 31 de maio de 2026, 1:00 AM

📌 Situación

Estás facendo prácticas como auxiliar administrativo/a nunha empresa chamada OfiXestión S.L..

Hoxe pola mañá, un cliente importante chamou moi molesto porque non recibiu un documento necesario para pechar un contrato. Sabes que a túa compañeira Mercedes era a encargada de envialo, pero non o fixo porque despistouse. 

O xefe pediuche que:

  • Fales con Mercedes para resolver o problema.
  • Te poñas en contacto co cliente
  • Axudes a evitar que esta situación se repita.

Sabes que:

  • O cliente está enfadado.
  • Non tes unha mala relación con Mercedes, pero esta situación xera tensión entre vos. 

1. Consulta os apuntes do tema e responde (CA2.1): 

  • Que habilidades persoais e sociais cres que necesitas nesta situación?
  • Por que son importantes para traballar nunha oficina e para conseguir emprego.

2. Escribe un pequeno diálogo (6–8 liñas) entre ti e a túa compañeira no que:(CA2.2)

  • Tratades o problema.
  • Evites ser agresivo/a (non culpar nin enfadarte).
  • Evites ser pasivo/a (non calar o problema).
  • Propoñas unha solución de maneira respectuosa.

3. Redacta un correo electrónico ao cliente no que (CA2.3):

  • Pidas desculpas polo ocorrido.
  • Expliques a situación sen culpar á compañeira.
  • Ofrezas unha solución (por exemplo: envío inmediato, prioridade, compensación…).
  • Coides a presentación (saúdo, despedida, claridade…).

4. Sobre o traballo en equipo, explica (CA2.4):

  • Que vantaxes ten traballar en equipo neste caso.
  • Que podería facer o equipo para que non volva pasar (organización, reparto de tarefas, uso de ferramentas…).

5. Sobre a resolución de conflitos e emocións, explica (CA2.5):

  • Escribe os pensamentos aparecen na túa mente ante esta situación? (ex. Porqué teño que enfretarme a isto si non é a miña culpa?) A miudo, os pensamentos están distorsionados e representan a nosa dor ou incomodidade ante unha situación. 
  • Agora, reescribe os pensamentos desde unha óptica máis obxectiva (ex. Isto é incomodo para mín pero teño que facelo para evitar que volva a suceder).
  • Identifica ás emocións que poden aparecer, xa sea agradable ou desagradable. Consulta o documento "Emocións primarias e secundarias".
  • Como reaccionarías ante a situación (actitude)?
  • Crees que este conflito pode converterse nunha oportunidade de mellora? Porqué e en qué medida?

6. Entrega a tarefa mediante a aula virtual

  • Garda o documento en PDF co seguinte título: NomeApelidos_Tarefa1Unidade3.pdf
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle