Ficha de traballo: Actuacións en primeiros auxilios
Imos analizar tres situacións de urxencia nas que deberás decidir como actuar aplicando os coñecementos básicos de primeiros auxilios.
Situación 1
O teu amigo ou amiga consumiu alcohol e drogas. Cae no medio da discoteca. Está inconsciente, pero respira.
-
Indica que actuacións deberías realizar paso a paso para garantir a súa seguridade mentres chega a axuda.
Situación 2
Acabas de ter un accidente de tráfico. O teu amigo ou amiga non levaba posto o cinto de seguridade. Aínda que sae do coche polo seu propio pé, ao cabo dun minuto desplómase. Non está consciente nin respira.
-
Explica como deberías actuar nestas circunstancias e que manobras de reanimación deberías aplicar.
Situación 3
Estades comendo un bocadillo durante unha excursión ao campo. De repente, o teu amigo ou amiga fai sinais de que non pode respirar.
-
Describe que medidas de primeiros auxilios aplicarías nesta situación e que pasos seguirías ata que recupere a respiración ou chegue a axuda.