Ir ao contido principal
AVRM
  • Inicio
  • Calendario
  • Mis accesos
    Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
  • Ir a Google
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVRM
Inicio Calendario Mis accesos Contraer Expandir
Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
Ir a Google
Expandir todo Contraer todo
  1. Xestión de proxectos de instalacións de telecomunicacións
  2. UD 2 : Elaboración de planos e esquemas de instalacións de telecomunicacións
  3. Proxecto de instalación de cableado estruturado

Proxecto de instalación de cableado estruturado

Requisitos do completado
Abertas: domingo, 30 de novembro de 2025, 12:00 AM
Pendente: xoves, 18 de decembro de 2025, 11:59 PM

A tarefa que vos propoño é o debuxo dos planos da instalación de cableado estruturado nunha oficina de xestión de emerxencias.

Ten dúas partes:

Parte 1 : A instalación de cableado horizontal:

Empregade o plano de planta e os bloques que vos facilito.

Só hai que facer a planta 1. Hai catro tipos de elementos conectados todos eles por cable Ethernet CAT 6A: 

  • Tomas de rede (1 por posto)
  • Tomas de telefonía ( 1 por posto)
  • Cámaras de seguridade IP.
  • Módulos de control de acceso nas entradas de cada despacho e sala de crise.

A conducción do cableado farase mediante 'escalerilla' ou bandexa oculta no falso teito salvo no cuarto de racks que estará vista. Podedes poñer bandexa de dobre ancho con separador. Mostrase na figura como se verá a bandexa doble. Atención ó radio de curvatura mínimo das bandexas (non vale facer ángulos rectos). Consultade algún datasheet do cable CAT 6A para ver o radio mínimo. O cable de instalación eléctrica é menos crítico.

Tede en conta tamén non pasar as bandexas por debaixo das claraboias.

a

Desde as bandexas baixarán canaletas para as tomas. 

No cuarto de telecomunicacións hai dous racks:

a

O rack 1 e 2 están comunicados entre sí. Ó rack 1 chega a troncal da planta inferior e continua a da planta superior. No rack 2 faise a distribución de servizos para toda a planta.

Parte 2 : Debuxar a troncal, backbone ou cableado vertical 

Debedes debuxar de forma esquemática a estrutura da fachada lateral dereita do edificio e o cableado vertical. Considerade planta baixa e dúas máis cunha altura de planta de 4 m. Póñovos un esquema para que vos serva de guía:

a

O cableado estará formado por unha liña de fibra co seu backup Ethernet CAT 8.1 para cada planta. 

  • bloques.zip bloques.zip
    30 de novembro de 2025, 2:03 PM
  • proyCableadoEstructuradoP1.dwg proyCableadoEstructuradoP1.dwg
    30 de novembro de 2025, 2:03 PM
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle