Ir ao contido principal
AVRM
  • Inicio
  • Calendario
  • Mis accesos
    Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
  • Ir a Google
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVRM
Inicio Calendario Mis accesos Contraer Expandir
Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
Ir a Google
Expandir todo Contraer todo
  1. Elementos de Sistemas de Telecomunicacións STI
  2. Electrónica dixital
  3. Medir tensións con Arduino

Medir tensións con Arduino

Requisitos do completado
Abertas: mércores, 28 de maio de 2025, 12:00 AM
Pendente: mércores, 4 de xuño de 2025, 12:00 AM

Xa é sabido que Arduino dispón dunha serie de entradas analóxicas que serven para medir voltaxes externos, pero están limitadas a un máximo de 5 V (3,3V nas placas ESP32). Si se lle aplica unha tensión maior, danase a placa.

Como o ADC de Arduino é de 10 bits, o resultado de analogRead será un número entre 0 e 1023 (210=1024).

Mediante este código de exemplo, leese o valor na entrada A0 (0 a 1023) e convertese a voltaxe (0 a 5 V):

float lectura;
float volt;

void setup() {
  Serial.begin(9600);
  pinMode(A0,INPUT);
}

void loop() {
  lectura = analogRead(A0);
  volt = lectura /1023 * 5.0;
  Serial.println(volt);
}

Pero, que ocurre cando se quere medir unha tensión maior que 5V?

Hai que usar un divisor de tensión.

Poñamos por exemplo que se quere medir a tensión da instalación eléctrica dun coche. Tendo en conta que a tensión máxima de saída do alternador é duns 14 voltios, e dando un marxe de seguridade, podese establecer a tensión máxima a medir como 18 V.

Aplicando a fórmula do divisor, resulta: R2 = 5/13 R1

Un par de valores válidos sería:: R1 = 12k e R2 = 4k7

Outra vez a partir da fórmula do divisor calcúlase o valor de tensión da instalación a partir da tensión medida no pin analóxico do arduino:

float lectura;
float volt;

void setup() {
  Serial.begin(9600);
  pinMode(A0,INPUT);
}

void loop() {
  lectura = analogRead(A0);
  volt = (lectura /1023 * 5.0) * (16700.0/4700.0);
  Serial.println(volt);
}


Tarefa:
Deseñar e programar un voltímetro 0V - 30 V con arduino .

Probalo cas fontes grandes do taller, pero antes quero revisar eu o circuíto para evitar fumes.

Comprobar como de fiable é a medida.


Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle