
Benvidas e benvidos a Economía e Emprendemento – 4º da ESO!
Este curso imos entender a economía da vida real e aprender a crear proxectos con impacto. Non fai falta saber nada antes: imos descubrilo xuntos.
Que imos aprender
-
Cartos e vida cotiá: ingresos, gastos, orzamento e aforro.
-
Mercado e prezos: por que soben/baixin e como nos afecta.
-
Empresa e idea de negocio: cliente, proposta de valor e modelo básico.
-
Impacto social e ambiental: consumir e emprender con responsabilidade.
Como imos traballar
-
Retos prácticos e estudos de caso.
-
Proxecto por equipos: da idea ao pitch final.
-
Mini-debates, xogos e ferramentas dixitais no AV.
-
Aprendizaxe paso a paso: errar é parte do camiño.
Que espero de VOS
Curiosidade, respecto, ganas de probar cousas novas e constancia ao entregar as tarefas.
- Profesor/a: Paz Ares Pou