Xeral
Section outline
-
-
BENVID@S:
O alumnado da ESO coa materia pendente de Educación Física terá que seguir un programa de recuperación ao longo do curso:
. Dividirase a materia en dous probas parciais (sobre novembro e febreiro, pero a data das convocatorias será proposta pola de Dirección) e unha proba final (que coincidirá coa 3º avaliación) á que só irán de non obter o aprobado por parciais.
Os dous parciais constarán dunha parte teórica , na que deberán realizar traballos e/ou cuestionarios cun valor dun 40% (Aula virtual) e unha parte práctica para a que deberán traer roupa e calzado deportivo, cun valor dun 60%.A proba final, levarase acabo coa terceira avaliación ou tercer parcial; e abranguerá os contidos teóricos e prácticos que non se houberan superado/entregado ao longo do curso. Terá lugar na data fixada pola Dirección, durante o mes de maio.
A materia estará superada cando o alumno/a obteña:
- unha nota media de 5 ou superior en cada parcial
- unha nota de 5 na proba final extraordinaria (tercer trimestre).
A profesora responsable é Susana Piñeiro (Xefa do Departamento) para o alumnado que teña a materia pendente .
As datas do exame publicaránse na web do centro e na aula virtual da materia. As actividades teórico/prácticas, contidos e criterios de cualificación están nun curso da Aula virtual creado ao efecto para a materia pendente en Educación Física: "ALUMNADO COA EF PENDENTE", e serán informadas ás familias a través do Abalar.SE TEDES DUBIDAS, PREGUNTADE!.
RECOMENDOVOS RECUPERAR A MATERIA Ó LONGO DO CURSO, É MAIS LEVADEIRO... E TRABALLAR MÁIS ESTE ANO PARA SUPERAR A MATERIA DO CURSO ACTUAL.
NA SEMANA DE PENDENTES, NON SE FARÁN EXAMES DE NINGUNHA MATERIA DO CURSO ACTUAL, E TEDES QUE NOTIFICAR AO PROFESORADO CO QUE TEÑADES CLASE CANDO VAIADES Á PROBA.
MOITO ÁNIMO!
Susana Piñeiro.
Xefa do departamento
