3ª AVALIACIÓN
Section outline
-
-
Abertas: martes, 1 de abril de 2025, 12:00 AMPendente: mércores, 11 de xuño de 2025, 12:00 AM
-
Abertas: mércores, 16 de abril de 2025, 12:00 AMPendente: mércores, 7 de maio de 2025, 12:00 AM
Redactade as instruccións do voso xogo de maneira completa, creativa e atractiva para presentar ao resto de grupos. Podedes inspirarvos nas instrucción de exemplo dos xogos aos que estivestes xogando na aula:
- Deben estar redactadas en galego e podedes elaborar o traballo a man ou en dixital.
- Debedes empregar cor, fotografías, debuxos ou esquemas que ilustren as vosas instruccións axudando a entendelas, coma nos exemplos.
-Deben ser instruccións claras, sinxelas e que animen a probar o voso xogo e deben conter:
- Título, breve descrición e obxectivo do xogo.
- Conceptos básicos: elementos, nº de xogadores e preparación do xogo.
- Mecánica do xogo: cómo xogar, descrición de cómo se desenvolve unha partida.
- Final da partida: quen gaña a partida ou cómo se consegue o obxectivo do xogo.
- Calqueira outro elemento que consideredes necesario: pistas, diferentes modalidades de xogo, etc.
-
Abertas: xoves, 8 de maio de 2025, 12:00 AMPendente: mércores, 21 de maio de 2025, 12:00 AM
- Presentación na aula ao resto de grupos do que levades elaborado ata o momento. O título, instruccións e mecánica do xogo deben estar claros. Non vos preocupedes se o acabado final xogo non está rematado, pero teñen que estar rematados os compoñentes para poder xogar unha partida co resto de grupos (taboleiro, pezas, dados, fichas, cartas...)
- Presentación do cadrante das tarefas do grupo: debedes cubrir o documento de cada grupo indicando qué tarefa ou tarefas levou a cabo cada membro do grupo, explicando en qué consistiu cada tarefa (buscar información, redactar, debuxar, construir, presentar…) e o tempo invertido nelas, ademáis de calqueira observación ou comentario sobre o traballo. Podedes subilo á aula virtual ou entregalo en papel na aula.
-
Abertas: mércores, 4 de xuño de 2025, 12:00 AMPendente: mércores, 18 de xuño de 2025, 12:00 AM
Despois de xogar unha partida a 2 xogos diferentes deseñados polos vosos compañeiros, cubriredes unha breve opinión persoal como xogadores. Lembrade valorar a dificultade do xogo, o deseño, as instruccións, a orixinalidade ou todo aquilo que axude aos deseñadores a mellorar o seu traballo.
Déixovos o cuestionario na tarefa, tedes ata o día 18 de xuño e podedes entregalo en clase en papel ou subilo á aula virtual.
-