Este ano o noso alumnado de 4º ESO desprazouse a un destino internacional na súa excursión de fin de curso: Porto.
Nesta ocasión tiveron a oportunidade de coñecer a cidade, visitar o mercado, subir en teleférico, realizar un cruceiro polos sete pontes, acudir aos museos máis orixinais da cidade e, como non realizar unhas fantásticas compras na librería Lello.
O alumnado aproveitou tamén para probar a gastronomía portuguesa, comezando polas famosas francesiñas e rematando cos fantásticos pasteis de nata.
Esperamos que fose unha boa experiencia para cargar na súa mochila de vida.
