Introdución teórica

Introdución

Empregamos a permanganimetría para determinar a concentración dunha disolución de Fe(II) mediante a súa valoración con unha disolución de permanganato potásico 0.02M. 


En disolución ácida o ión permanganato (MnO4-) violeta oxida o Fe2+ a Fe3+, reducíndose a Mn2+ (incoloro) :

a KMnO4 + b FeSO4 + c H2SO4   ↔  d K2SO4 + e Fe2(SO4)3 + f MnSO4 + g H2O
Ao engadir gota a gota unha disolución de KMnO4 sobre unha disolución ácida de FeSO4, a medida que o pemanganato reacciona co Fe2+ vaise decolorando, o que ocorre mentres quede sulfato ferroso na disolución.

Esgotado o sulfato ferroso, o exceso de KMnO4 coloreará a disolución indicando o punto de equivalencia.

Entón:
moles de MnO4- = V MnO4-  x M MnO4-      e         moles de Fe(II) = VFe(II) x MFe(II)


Segundo a estequiometría:        a x moles de FeSO4 = b x moles de permanganato.

E así podemos calcular a concentración da disolución descoñecida de Fe(II) . 

Comproba que dispós das dicolucións preparadas de permanganato e da sal ferro

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0