Guión

Completa os pasos deste guión

CONSTRUCIÓN DUNHA CELA GALVÁNICA. Pila Daniell

Material e Reactivos

2 vasos de pptdos de 250 mL Tubo en “U” Electrodos de Zn e de Cu, limpos.
Algodón  Voltímetro ou polímetro  cables e pinzas
Disolución saturada de Na2 SO4  Disolución 1 M de CuSO4 Disolución 1 M de ZnSO4

 

 

 

 

 

 

Procedemento Aclarar que as contas son para c=1M pero traballar con c= 0,5M pola baixa s do sal de Zn.

1. Preparar o ánodo poñendo uns 100 mL da disolución de ZnSO4 nun vaso de precipitados. Introducir o electrodo de Zn nesa disolución e unilo mediante pinza e cable negro ao conector COM do voltímetro

2. Preparar o cátodo poñendo uns 100 mL da disolución de CuSO4 noutro vaso de precipitados. Introducir o electrodo de Cu nesa disolución e unilo mediante pinza e cable vermello ao conector V (+) do voltímetro

3. Encender o voltímetro ¿Obsérvase fem?

4. Preparar a ponte salina enchendo completamente o tubo en “U” coa disolución saturada de NaSO4 e tapando os extremos con tapóns de algodón.

5. Invertir o tubo en “U” (con cuidado para que non caiga a disolución) e introducilo nos vasos de precipitados, unha rama en cada vaso. Non debe quedar aire na parte superior do tubo, porque non pasarías os ións dunha semicelda á outra.

6. Agora o voltímetro marcará una fem. Anotádea

 

ELECTROLISE DUN SAL DISOLTO EN AUGA. Electrolise do KI

Material e reactivos

Tubo en U  Soporte Papel indicador universal
Pila de 4.5 voltios Pinzas de crocodilo   Electrodos de grafito
Disolución de KI 0,1 M    

 

 

 

 

 

Procedemento

1. Verter unha disolución de KI  nun tubo en forma de U, colocado previamente nun soporte, ata unhas 2/3 partes aproximadamente da súa capacidade.

2. Engadir unhas gotas de fenolftaleína

3. Introducir en cada rama do tubo en U, un electrodo de grafito.

4. Conectar mediante sendas pinzas de crocodilo os electrodos de grafito a unha corrente continua de 5 voltios ou ben a unha pila de 4,5 voltios.

5. Observa-los electrodos, no ánodo aparece iodo, fácilmente identificable pola súa cor característica, no cátodo obsérvase o gurgullo dun gas, e no cátodo a cor característica da fenolftaleína en medio básico, por ser a reducción da auga  máis sinxela que a do ión potasio.

+ ánodo (oxidación) 2I- (ac) → I2 + 2 e-

- cátodo (reducción) 2H2O(l) + 2e- → 2OH- (ac) + H2(g)

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0