Guión

Precipitación e separación por filtración de sales pouco solubles.

A) PRECIPITACIÓN DE CaCO3

Material e reactivos

Vidro de reloxo Funil Büchner Matraz Kitasato 
Balanza Trompa de baleiro Vasos de precipitados (2)
Espátula Base soporte  Pinzas de madeira
Queimador Bunsen Acendedor Probeta 
CaCl2, sólido Na2CO3, sólido  

      

 

 

 

 

 

 

 

Procedemento

1. Mídense coa probeta uns 25 mL de auga destilada e vértense nun vaso de precipitados

2. Pésanse exactamente, ó redor de 2 g de CaCl2 e vértense no vaso. Debe quentarse suavemente para facilita-la disolución.

3. Noutro vaso bótanse tamén uns 25 mL de auga e engádenselle, aproximadamente, uns 3 g de Na2CO3 previamente pesados. Quentar suavemente ata disolver.

4. Engádese a disolución de Na2CO3 sobre a de CaCl2 e aparecerá un precipitado de CaCO3.

5. Arrefría as paredes do vaso de precipitados co chorro de auga da billa para axudar á precipitación.

6. Prepárase o funil Büchner e o matraz Kitasato acoplados á trompa de baleiro.

7. Pésase un papel de filtro, anótase o seu peso e colócase no funil Büchner.

8. Unha vez fría a disolución, fíltrase a baleiro para separa-lo precipitado de CaCO3, que quedará sobre o papel de filtro.Unha vez seco, determínase a súa masa.

 

B) OUTRAS PRECIPITACIÓNS , en tubo de ensaio:

1.- 5 cc. de disolución 0,2N de AgNO3 + gota a gota, disolución 0,2N de K2CrO4

2.- 5 cc. de disolución 0,2N de Pb(NO3)2 + gota a gota, disolución 0,2N de K2CrO4

3.- 5 cc. de disolución 10% de CuSO4 + gota a gota, disolución de NaOH diluido

4.- 5 cc. de disolución 2N de FeCl3 + gota a gota, disolución de NaOH diluido

5.- 5 cc. de disolución 0,2N Al(NO3)3 + gota a gota, disolución de NaOH diluido

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0