Completa os pasos deste guión:
VALORACIÓN DE ÁCIDO CLORHÍDRICO CON HIDRÓXIDO DE SODIO.
Material e reactivos
| Matraz Erlenmeyer | Papel indicador universal | Vidro de reloxo |
| Variña de vidro | Vaso de precipitados | Pipeta |
| Bureta | Disolución de NaOH | Disolución de HCl |
Procedemento
Mídese de forma precisa (cunha pipeta) o volume do ácido que queremos valorar
Ponse nun erlenmeyer ó que lle engadimos unhas pingas de fenolftaleína.
Nunha bureta poñémo-la base de concentración coñecida, que imos empregar como axente valorante (reactivo) .
Engádese lentamente o reactivo sobre o ácido ata que o indicador cambia de cor.
Anotáse o volume gastado.
Repítese tres ou catro veces a experiencia e tomamos como volume gastado a media aritmética dos tres ou catro valores obtidos.
Cálculos
A ecuación química correspondente ó proceso é: HCl + NaOH → NaCl + H2O Segundo a estequiometría da reacción:
nº de moles de ácido = nº de moles de base
Coñecidos os dous volumes e unha das molaridades podemos despexa-la outra.