Completa os pasos deste guión:
A) ACCIÓN DOS ÁCIDOS SOBRE OS METAIS
Material e Reactivos
| Pipeta | Gradiña | Tubos de ensaio |
| Disolución de HCl 1 M | Metais ( Zn, Mg, Cu, Fe, Al) |
Procedemento
1. Introducir anacos aproximadamente iguais de varios metais (Zn, Mg, Cu, Fe, Al) cada un nun tubo de ensaio diferente.
2. Medir cunha pipeta 2 mL de HCl 1 M.
3. Verter 2 mL de de ácido clorhídrico (1 M), en cada tubo de ensaio.
4. Observa-lo que sucede e apuntar aqueles metais que reaccionan co ácido.
B) FORMACIÓN DUN PRECIPITADO
Material e reactivos
| Gradiña | Tubos de ensaio | Pipeta |
| Disolución de NaCl 0,1 M | Disolución de AgNO3 0,1 M | Disolución de HCl 0,1 M |
Procedemento
1. Colocar varios tubos de ensaio nunha gradiña.
2. Engadir 1 mL de disolución de AgNO3 0,1M en dous tubos de ensaio diferentes.
3. Engadir ó primeiro tubo de ensaio 1 mL de disolución de HCl 0,1M e observa-la formación dun precipitado branco.
4. Engadir ó segundo tubo de ensaio 1 mL de disolución de NaCl 0,1M e observar novamente a formación dun precipitado branco.
C) OBTENCIÓN DE HIDRÓXENO
Material e reactivos
| Pipeta | Gradiña | Tubos de ensaio |
| Matraz Erlenmeyer | Vaso de precipitados | Dosificador de seguridade |
| Tubo acodado | Tapón dobremente furado | |
| Disolución de H2SO4 0,1 M | Metais (Zn) |
Procedemento
1. Introducir nun erlenmeyer unha pequena cantidade de Zn (20 g de limaduras).
2. Tapar o erlenmeyer cun tapón dobremente furado e colocar no tapón dobremente furado: Un dosificador de seguridade e un tubo acodado que será introducido nun tubo de ensaio, que ó mesmo tempo estará colocado de forma invertida dentro dun vaso de precipitados, para que nos permita recoller o gas.
3. Engadir no tubo de seguridade 40 mL de disolución de H2SO4 (0,1M), a medida que cae o ácido sobre o Zn, o hidróxeno producido irá desprazando o ar contido no aparello (1 minuto aproximadamente).
4. Recoller no tubo de ensaio invertido dentro do vaso de precipitados con auga o hidróxeno desprendido.
5. Borbotear o hidróxeno nunha disolución de xabón e glicerina para facer pompas e prenderlles lume.