Guión

Completa os pasos deste guión:

A) PREPARACIÓN DE 250 mL DE DISOLUCIÓN 0,5 M DE NaOH

Material e reactivos

Balanza Variña de vidro Vidro de reloxo
Funil Espátula Matraz aforado
Vaso de precipitados Pipeta Frasco de vidro
Frasco lavador NaOH  

 

 

 

 

Procedemento

1. Realiza os cálculos para determinar os gramos de NaOH necesarios para preparar  250 ml de NaOH 0,5 M.

2. Pesa coa balanza sobre vidro de reloxo, que terás pesado antes para descontar o seu peso ao total, os gramos que teñas calculado. Hai que facer a pesada do NaOH o máis rápido posible por ser delicuescente, polo que absorbe agua da atmósfera unha vez fora do frasco e reacciona tamén co CO2 do ambiente.

3. Pasa as lentellas de hidróxido de sodio ao vaso de precipitados de 250 ml, inclinando o vidro de reloxo sobre o vaso e arrástraas coa axuda do frasco lavador. Na disolución das lentellas despréndese calor, é un proceso exotérmico, polo que hai que esperar uns minutos antes de pasala ao matraz aforado.

4. Enche con auga ata a metade o matraz aforado de 250 mL. Verte nel coa axuda dun funil, a disolución do vaso de precipitados. Co mesmo vaso de precipitados (para coller os posíbeis restos de NaOH) engadirlle pouco a pouco auga ata aproximarse ao enrase

5. Enrasa con cuidado. Utiliza a pipeta para que sexa o máis perfecto posible. Volve a axitar.

6. Coa axuda do funil pasa-la disolución preparada a un frasco de vidro e etiqueta-lo como NaOH 0,5 M.

  

B) PREPARACIÓN DE 100 mL DE DISOLUCIÓN 0,5 M DE HCl A PARTIR DA DISOLUCIÓN COMERCIAL (37,5% en peso, e densidade  1,19 g/mL )

Material e reactivos

Pipeta Funil Vaso de precipitados
Matraz aforado Frasco lavador Frasco de vidro
Variña de vidro HCl comercial  

 

Procedemento

1. En primeiro lugar debemos calcula-la cantidade de HCl que debemos coller da disolución concentrada. Tendo en conta que a disolución comercial é do 37,5% en peso:

Por tratarse dun líquido mediremo-lo volume, haberá que ter en conta a densidade.

2. Nun vaso de precipitados botar aproximadamente 50 mL de auga. Nunha vitrina de gases e cunha pipeta con pera coller 4,1 mL de HCl comercial e botalos no vaso de precipitados. Remexer lixeiramente cunha variña de vidro. É moi importante botar sempre o ácido sobrea auga e non ó revés.

3. Coa axuda dun funil, transvasa-la disolución do vaso de precipitados a un matraz aforado de 100 mL. Co mesmo vaso de precipitados (para recolle-los posíbeis restos de HCl) engadir auga ata aproximarse ao enrase

4. Con unha pipeta completa-lo enrase, tendo coidado en non pasarse.

5. Coa axuda do funil pasa-la disolución preparada a un frasco de vidro e etiqueta-lo como: HCl 0,5 M

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0