Exercicios

1.-Gastamos 12 mL de permanganato potásico 0.02M  para valorar 25mL dunha disolución de oxalato de sodio. Calcula a concentración desta disolción, sabendo que a reacción é

 C2O42-+ MnO4- + H+ → Mn2+ + CO2 (g) + H2O 
2.-Precisáronse 27,7 mL de KMnO para valorar 0,25 g de As2O3 Calcula a concentración molar do permanganato.
3.-Acidulamos con ácido sulfúrico 25 ml dunha disolución de auga osixenada para a súa posterior valoración con permanganato potásico de concentración 0,10M. Son necesarios 40 ml de permanganato
potásico para alcanzar o punto final da valoración (a disolución pasa de incolora a levemente rosada). Calcula a concentración molar da solución de peróxido de hidróxeno.
4.-O dicromato potásico oxida ao sulfato ferroso en  medio ácido, obténdose, entre outras cousas, sulfato  de ferro (III) e sulfato de cromo (III).
a) Axusta a reacción polo método ión-electrón.
b) Calcula a masa de sulfato de cromo (III) que se obtenrá a partir de 4 gramos de dicromato potásico, si o rendimiento é do 75%.
5.-Desexamos determinar a composición dunha mestura de sulfato de ferro(II) e sulfato de sodio. Para o que, se pesamos 6 gramos da mostra, disolvémolos en auga, e acidificamos a disolución con sulfúrico. 
Valoramos con unha solución 0,15M de permanganato potásico, precisando 42 ml para acadar o punto final. Calcula a composición de cada especie en tanto por cento.

Slide talk: Axuste de ecuacións

Este slide talk ou presentación comentada é de fonte propia e está en: http://youtu.be/I5GlW3ZC1Dc 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0