Resolve algún dos seguintes problemas:
1.-¿Para qué serve un matraz erlenmeyer?¿E un matraz kitasato?¿E unha bureta?¿E unha pipeta?. Faga un debuxo esquemático de cada un. Do material antedito¿Cal e como o usaría nunha valoración?. Explíqueo cun exemplo
2.-¿Para que serve un funil Buchner? ¿ e un matraz quitasato?Faga un esquema da montaxe para a utilización de ambos
3.-Debuxe esquematicamente un funil buchner, un matraz kitasato, un matraz erlenmeyer un matraz aforado.Explica para qué serve cada un deles.Dous deles encaixan para poder utilizalos nunha operación de laboratorio.Debuxe o esquema correspondente.
4.-Describa cun exemplo, o procedemento de obtención dun precipitado no laboratorio indicando o material necesario.
5.-Describa unha reacción de precipitación que teña preparado no laboratorio . Faga un esquema do material e explique o modo de utilizalo. Escriba a reacción que se produce. ¿Como calcularía a rendemento da mesma?
6.-¿Que operacións se poderían empregar no laboratorio para separar un precipitado dunha disolución que o contén? Descríbaas, debuxando os distintos tipos de material. Supoña que o precipitado é trioxocarbonato (IV) de calcio [carbonato de calcio], ¿como disolvería dito precipitado? Razoe a resposta.
7.-Ó facer reaccionar unha disolución de cloruro de potasio con outra de nitrato de prata, obtense un precipitado branco. Escriba dita reacción, indicando de que precipitado se trata e como faría no laboratorio para separalo da disolución.
8.-Dispoñendo no laboratorio de dicloruro de calcio e trioxocarbonato (IV) de sodio [carbonato de sodio], describa o procedemento adecuado para obter trioxocarbonato (IV) de calcio (II) [carbonato de calcio]. Explíqueo detalladamente, así como o material utilizado para o illamento de dito composto.
9.-Describa detalladamente cómo obtería e separaría no laboratorio o precipitado de trioxocarbonato (IV) de calcio [carbonato de calcio]. Debuxe o material empregado. ¿Como faría para disolver o precipitado?