Resolve algún dos seguintes exercicios
1.-Explique detalladamente (material e procedemento) como se poden recoñecer ácidos e bases no laboratorio PAAU LOGSE Sept 00
2.-Describir con detalle como se leva a cabo no laboratorio unha valoración ácido-base. Indicar algunha aplicación práctica. PAAU LOGSE 95
3.-Indique os procedementos que utilizou no laboratorio para medir o pH das disolucións, sinalando as características de cada un. Cite algún exemplo do emprego de indicadores explicando o porqué do seu cambio de cor. PAAU LOGSE xuño 05
4.-Explique como valoraría unha disolución de NaOH de concentración descoñecida con unha disolución de ácido clorhídrico 1,5 M. Indique o material necesario
5.-Dispoñemos de 20mL dunha disolución 0,1M de ácido clorhídrico, que se neutralizan exactamente con 10mL de hidróxido de sodio de concentración descoñecida. Determine a concentración da base describindo con detalle o material, indicador e as operacións a realizar no laboratorio. PAAU LOGSE Xuño 94
6.-Explique detalladamente como obtería no laboratorio a concentración dunha disolución de ácido clorhídrico que é aproximadamente 1M, utilizando unha disolución de hidróxido sódico exactamente 0,01M. Nomea o ,material empregado e o modo de realizar os cálculos PAAU LOGSE Xuño 97
7.-Dispoñemos no laboratorio dun frasco que contén unha disolución de NaOH 0,1M que quedou destapada durante 30 días. Esta disolución preparámola a partir de NaOH comercial en lentellas, que tamén temos nun frasco pechado no laboratorio. ¿Podemos considerar correcta a concentración da disolución de NaOH? ¿Por que?
(b) no caso de querer valorar a disolución, describa o material, reactivos e procedemento para iso. PAAU LOGSE xuño 00