Exercicios

Colección de cuestións e problemas relativos a esta práctica que apareceron nas PAAU. Resolve algunha.

1.-Dispoñemosde 500 mL de ácido clorhídrico 0,25M e temos que preparar 100mL doutra disolución de HCl exactamente 0,025M. Explique detalladamente o procedemento, nomeando o material utilizado e a súa capacidade

 

 

2.-Dispoñemos de 100ml dunha disolución de HCl 0,5M e desexamos preparar 100ml doutra disolución de HCl exactamente 0,05M. ¿Como procedería?. Explíqueo con detalle nomeando o material adecuado e a súa capacidade.

 

 

3.-Dispoñemosdunha disolución de HCl 1M e temos que preparar 100mL doutra disolución de HCl exactamente 0,25M. Explique detalladamente o procedemento, nomeando o material utilizado.

 

 

4.-Se dispón no laboratorio de NaOH comercial en lentellas e se ten que preparar 100 mL dunha disolución de NaOH 2M. Explique detalladamente o procedemento nomeando o material utilizado

 

 

5.-¿Como prepararía 1 L de disolución 0,5M de NaOH a partir do producto comercial en lentellas? Unha vez obtida a disolución anterior ¿como prepararía 250mL de NaOH 0,1M? Faga os cálculos correspondentes, describa o material e o procedemento.

 

 

6.-¿Cómo prepararían no laboratorio 500mL de disolución de hidróxido de sodio 0,1M a partir do producto puro (sólido en lentellas)? Faga os cálculos e explique o material e o procedemento. ¿Cántos gramos e cántos moles de hidróxido de sodio existirán por litro de disolución preparada?.

 

 

7.-Explique detalladamente, describindo o material:
(a) ¿Como prepararía no laboratorio unha disolución de NaOH 0,1M a partir de hidróxido sódico en lentellas.
(b) ¿Como valoraría a disolución alcalina anterior dispoñendo de ácido clorhídrico valorado 0,1M?

 

 

8.-Describir como se prepararía no laboratorio unha disolución 3M de ácido nítrico (trioxonitrato (V) de hidróxeno) se se dispón dun ácido nítrico comercial de 1,42 g/cm3 de densidade e do 69,5% de riqueza en peso. Especificar todo o material necesario e as precaucións necesarias para preparar 200 mL de tal solución

 

 

9.-Se se dispón do material que se indica: unha pipeta graduada de dez mL un vaso de precipitados de 100mL un matraz aforado de 1000mL e unha balanza de precisión de mg, ¿Como prepararía unha disolución 1M de ácido clorhídrico a partir de ácido clorhídrico comercial de densidade 1,18g/mL e do 36% en peso de riqueza. Debuxa o material volumétrico utilizado.

 

 

10.-Describa o material de laboratorio e o procedemento adecuado para preparar 0,5 litros de disolución 0,1M de ácido clorhídrico a partir de ácido clorhídrico de riqueza 40% en peso e densidade 1,2g/mL.

 

 

11.-Describir (material, cálculos e procedemento) como se prepararía no laboratorio 100 mL de disolución 0,5 M. de HCl a partir da disolución comercial (37,5% en peso e densidade =1,19 g/mL.

 

 

12.-Desexa preparar no laboratorio un litro de disolución de ácido clorhídrico 1M a partir do producto comercial que é do 36%en peso e ten unha densidade se 1´18g/mL. Calcule o volume de ácido concentrado que debe medir, describa o procedemento que se debe seguir e o material que ten que empregar.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0